Xove

09/03/2015
O domingo, 15 de marzo, en Xove preséntanse as Rutas 2015 que organiza o grupo de sendeirismo da ACD Xove.
 
O próximo domingo, 15 de marzo, a partir das 19:00horas na Aula de Formación do Concello de Xove o Grupo de Sendeirismo da ACD Xove. E fará a presentación das rutas de sendeirismo para o presente ano 2015. 
Un total de 8 Rutas, dende o mes de marzo ata o mes de novembro. A primeira será o día 22 de marzo. 
O Grupo de Sendeirismo da ACD Xove está formado por cerca de cen persoas. 
Esta sección de Sendeirismo está dada de alta na Federación Galega de Montañismo, e 30 dos seus membros teñen licenza ca citada Federación.
 

 

Etiquetas:
06/03/2015
Xove prepara a XIV Festa do Polbo da Pedra, que se celebrará o día de Xoves Santo a partir das sete da tarde.
 
Xove acollerá a XIV Festa do Polbo da Pedra o día de xoves santo. O organizadores sinalan que “somos un grupo de hostaleiros de Xove que queremos contribuír a promocionar o noso pobo, para o que pensamos en organizar unha festa gastronómica, xa que esa é a área na que mellor nos desenvolvemos. O mesmo que outros lugares da comarca, cremos que temos produtos que son merecentes de ser promocionados; coincidimos todos en que o polbo da pedra, denominación coa que coñecemos o polbo que se captura na nosa costa, é un  produto de altísima calidade, tal como nolo amosan os numerosos viaxeiros e turistas que pasan polos nosos establecementos. Sabemos que noutros lugares de Galicia se celebran festas do polbo, pero esta queremos que naza cun xeito diferenciador, e ese xeito está en que o polbo que se traballa na Costa de...
leer más
Etiquetas:
04/03/2015
O Concello de Xove ten programados varios actos para celebrar o Día Internacional da Muller. Terán lugar do 7 ao 10 de marzo.
 
O Concello de Xove, a través da Concellería de Servizos Sociais, ten programado un amplo programa de actividades para celebrar o Día Internacional da Muller.
O sábado, día 7: o alcalde, Demetrio Salgueiro, visitará a dona Aurora Quelle Abad, a muller máis lonxeva do concello (98 anos). O rexedor acudirá acompañado pola concelleira Ana Abad e faranlle entrega dun ramo de flores no seu domicilio. 
O domingo, día 8: a partir das 17:30 horas no Salón de Actos terá lugar a VIII Chocolatada Día da Muller e despois será a inauguración da exposición Rostros da historia, que permanecerá aberta ata o día 20 de marzo.
E o martes, día 10 de marzo: no Salón de Actos ás 10:30 Contacontos Noui e o bebedizo...
leer más
Etiquetas:
27/02/2015
O 7 de marzo celébrase en Xove a X Festa do Lacón, organizada pola asociación cultural Saíñas. As entradas xa están á venda en varios locais.
 
O vindeiro sábado, 7 de marzo, terá lugar no pavillón municipal de Xove a X Festa do Lacón, que organiza a asociación cultural Saíñas e coa que colabora o Concello.
A festa dará comezo ás 20:30 horas. A venda de tickets para acudir pódese facer en Click Informática, Peluquería Rosa e Estética Marta. Neste caso o prezo da ración, en venda anticipada, será de 7 euros. Aquelas persoas que compren os tickets no pavillón o sábado pagarán 8 euros. 
Na festa os asistentes degustarán: sopa, pataca, chourizo, lacón, pan e bebida. Ademais despois haberá chocolatada. A festa estará animada pola Disco Móvil Pegaso a partir das once da noite. No descanso haberá sorteos de agasallos.