Xove
Na presentación como en anos anteriores participaron os alumn@s do Colexio Pedro Caselles Rollan, de Xove, que acompañados de todo o profesorado do centro, fixeron un pequeno percorrido do MiniTrail dos Nen@s. Este ano o punto elixido foi a zona costeira de Punta Merixe na parroquia de Portocelo, onde todos os nen@s que participen nas carreiras poderán disfrutar dun entorno espectacular de costa e monte.
No acto de presentación, estiveron presentes, o alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, todo o profesorado do Colexio de Xove, e os membros do Comité Organizador do Xove Costa Trail.
Dende o Comité Organizador agradecen “ao Colexio de Xove, a sempre colaboración que teñen con todos os eventos deportivos que organiza a ACD XOVE, agradecemento ao Concello de Xove, como patrocinador e coorganizador do evento, e o resto...
leer másA Asociación Cultural Deportiva Xove organiza un torneo de patinaxe artística que terá lugar no pavillón municipal de Xove este domingo, día 16 de abril, a partir das doce do mediodía.
É o primeiro Encontro Precompetición Grupos Grandes, Pequenos e Cuartetos.
Ademais da entidade organizadora, participarán clubs de Lourenzá, Chantada e Ourense.
Este acontecemento deportivo conta coa colaboración do Concello de Xove.
A parroquia de San Isidoro de Monte, no municipio de Xove, celebrará as súas festas patronais os día 15 e 16 de abril, sábado e domingo.
As actividades dos festexos comezarán o sábado 15 ás 13:00 horas con misa solemne e procesión. A continuación haberá sesión vermú co dúo Belinda. E ás 15:00 horas empezará un xantar, que se celebrará nunha carpa totalmente pechada e para participar hai que inscribirse previamente a través do teléfono 646.647.619. A partir das 17:00 actuarán o dúo Belinda e Tania Veiras e haberá concurso de bailes con trofeos para as tres mellores parellas de pasodoble e para a mellor parella de bachata.
Para o domingo 16 a partir das 10:00 horas está programada unha xuntanza cabalar e unha ruta de sendeirismo. Posteriormente haberá un xantar, no que hai que apuntarse previamente a través do...
leer másCon novas propostas e o bo facer de sempre, Lugar das Marías*** abre a temporada 2023 co obxectivo de seguir ofrecendo experiencias únicas na aldea da Rigueira-Xove.
Ás propostas de sempre arredor do aloxamento nos cuartos de Maruja Mallo, María Casares, Maruxa e Coralia, María Miramontes e Avoa Presenta e da variada carta de almorzos e brunch, sumaranse tamén novas experiencias efémeras, contos na leira, exposicións e concertos así como o showroom de Vacaloura e Xurela.
A fin de semana do 22 e 23 de abril dará comezo o programa Experiencias efémeras coa proposta Cerámica na aldea, un proxecto enmarcado dentro do Plan de Sostibilidade Turística que xestiona a ára de Turismo da Mancomunidade de Municipios da Mariña Lucense. Esta experiencia slow que consisitirá no desenvolvemento dun obradoiro de cerámica con Iria...
leer másAta o 30 de abril pode visitarse na sala de exposicións do Centro Cívico de Xove a exposición “Retratando sentimentos”, de Inma Purriños en colaboración coa asociación Somos Unidos por el Cáncer.
A mostra pode verse en horario de 17 a 20 horas. O acto de inauguración contou coa intervención de Rosana Roca, nativa na urbanización de Palmeiro, que falou da positividade ante o cancro de mama.
O 6 de abril, día de Xoves Santo, a partir das sete da tarde celebrarase a XIX edición da Festa do Polbo en 8 establecementos hostaleiros de Xove: Bar Pepe, Cafetería A Roda, Pulpería Bar Cociña, O Cabaliño, A Fuga, O Refugio, Onde Sempre e La Cívica. O prezo de cada ración de polbo é de 14 euros.
Este evento gastronómico, que será amenizado polo grupo de gaitas da Asociación Cultural Saiñas, conta coa colaboración e o patrocinio do Concello de Xove.
Vaise desenvolver o venres, 24 de marzo, Ás 19.30 horas no Salón de Actos do Centro Cívico. A charla vaina impartir María González Cociña.
María González Cociña, matrona burelense, formada en Barcelona no ano 2014. Acompaña ás mulleres ao longo da súa vida, dende a adolescencia á menopausia e é unha gran apaixonada so seu traballo.
Está formada en solo pelviano e coa súa charla pretende transmitir a importancia do coidado do mesmo, no día a día, para evitar e mellorar posibles molestias do presente ou do futuro, mellorando moito a calidade de vida.
Ela transmite que, ter perdas de ouriña, dor nas relacións sexuais ou infeccións recurrentes non é normal e ten solución.
A charla está aberta a todo o mundo en xeral que essté interesado neste tema.
Este domingo, día 19 de marzo, celebrarase en Xove a XXIV edición da ruta cabalar que organiza a asociación equina A Medela coa colaboración do Concello de Xove.
O percorrido empezará ás 10:00 horas desde o campo da igrexa de Sumoas, no medio da ruta por fermosas paisaxes do municipio de Xove haberá pinchos para os participantes e ao rematar terá lugar un xantar na carpa situada no campo da igrexa de Sumoas, comida que estará amenizada por un grupo musical. Tamén se fará un sorteo de agasallos entre os asistentes.
O prezo é de 28 euros por persoa e o prazo de inscrición para participar está aberto ata este xoves, 16 de marzo.
A XXXII edición do Curso de Formación Orquestral de Xove, que se celebrará do 1 ao 5 de abril, foi presentada no Salón de Plenos do Concello coa presenza do alcalde, Demetrio Salgueiro; a concelleira de Cultura Dolores Meitín; e o director do evento, Xan Carballal.
Entre as actividades do curso inclúense un concerto de cámara, que se vai desenvolver o 4 de abril, e o concerto de clausura será o 5 de abril.
Os profesores invitados son Nazaret Canosa, Diego Segade, Nara Carballal e Antía Fernández.
Está organizado por Prestoxove e patrocina o Concello de Xove.
O Concello de Xove, a través da Concellería de Servizos Sociais, vai celebrar o día da muller cun amplo e variado arco de actividades que pasamos a desglosar:
Xoves, 9 de marzo, ás 12:30 h. Concentración na praza do Concello, lectura manifesto e solta de globos, coa participación do alumnado do IES Illa de Sarón.
Domingo, 12 de marzo, ás 17:30 h. Chocolatada "Día da Muller", homenaxe ás mulleres do Club de Bolos. Salón de Actos.
Martes, 14 de marzo, ás 10:30 h. Teatro pola igualdade "A Gran Pequena Inventora" con Trémola Teatro, dirixido a nenos e nenas de 2 a 5 anos. Salón de Actos.
Venres, 24 de marzo ás 19:30 h. Charla "Saúde en feminino: o solo pelviano". Impartido pola matrona María González Cociña.
Este amplo Programa conta co...
leer más