Numismática
13/04/2018
Dende este sábado, 14 de abril, a segunda parte da Exposición Itinerante ‘Percorridos pola colección Numismática do Museo Provincial de Lugo’ poderá visitarse gratuitamente na sala de exposicións do Castelo Castrodouro de Alfoz, ata o 21 de maio de 2018.
Nesta segunda parte o visitante poderá coñecer o estudo das moedas modernas e contemporáneas que establecen un marco cronolóxico dende o s. XVI ata a actualidade.
O monetario do Museo Provincial de Lugo supera as 8.000 pezas e dado que na exposición permanente só se amosa unha pequena parte, coas exposicións itinerantes a base de textos explicativos, gráficos, debuxos e fotografías preténdese achegar esta colección ao público, así como contribuír ao coñecemento da ciencia numismática.