Na presentación como en anos anteriores participaron os alumn@s do Colexio Pedro Caselles Rollan, de Xove, que acompañados de todo o profesorado do centro, fixeron un pequeno percorrido do MiniTrail dos Nen@s. Este ano o punto elixido foi a zona costeira de Punta Merixe na parroquia de Portocelo, onde todos os nen@s que participen nas carreiras poderán disfrutar dun entorno espectacular de costa e monte.
No acto de presentación, estiveron presentes, o alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, todo o profesorado do Colexio de Xove, e os membros do Comité Organizador do Xove Costa Trail.
Dende o Comité Organizador agradecen “ao Colexio de Xove, a sempre colaboración que teñen con todos os eventos deportivos que organiza a ACD XOVE, agradecemento ao Concello de Xove, como patrocinador e coorganizador do evento, e o resto de colaboradores e patrocinadores, así como ao equipo de voluntarios, xa que sen eles sería impensable poder levar a cabo un evento como este”.