
O Concello de Xove, a través da Concellería de Servizos Sociais, vai celebrar o día da muller cun amplo e variado arco de actividades que pasamos a desglosar:
Xoves, 9 de marzo, ás 12:30 h. Concentración na praza do Concello, lectura manifesto e solta de globos, coa participación do alumnado do IES Illa de Sarón.
Domingo, 12 de marzo, ás 17:30 h. Chocolatada "Día da Muller", homenaxe ás mulleres do Club de Bolos. Salón de Actos.
Martes, 14 de marzo, ás 10:30 h. Teatro pola igualdade "A Gran Pequena Inventora" con Trémola Teatro, dirixido a nenos e nenas de 2 a 5 anos. Salón de Actos.
Venres, 24 de marzo ás 19:30 h. Charla "Saúde en feminino: o solo pelviano". Impartido pola matrona María González Cociña.
Este amplo Programa conta co patrocinio do Ministerio de Igualdad / Pacto de Estado contra la violencia de género.