O 24 de agosto terá lugar en San Isidoro do Monte, en Xove, a a Feira do San Bartolo

O vindeiro sábado, 24 de agosto, celebrarase en San Isidoro do Monte, en Xove, a tradicional Feira do San Bartolo.

A xornada contará cunha ampla programación que inclúe recepción do gando no campo da feira ás 10:00 horas, misa solemne ás 13:00 horas, sesión vermú con animación musical ás 13:30 horas e verbena con animación musical ás 17:30 horas.

Un dos puntos fortes da feira será o Concurso Gandeiro, onde se premiará ao maior número de reses cabalares e vacunas presentes no evento, chegando a poder gañar 110 euros. Os participantes que queiran concursar deberán levar a documentación pertinente: carta de saneamento para o gando vacún, e microchip e libro para o gando cabalar. Ademais, lémbrase que cada concursante será responsable dos animais que presente na feira.

Durante a tarde, levarase a cabo o Concurso de Marcha, onde os cabalos serán medidos por un xuíz en dúas modalidades: máis de 1,50 mts e menos de 1,50 mts. Para poder participar, os cabalos deberán contar con seguro de responsabilidade civil e estar autorizados para participar neste tipo de probas.

Debido á normativa vixente relativa á Lingua Azul, establécense as seguintes condicións para o gando bovino e ovino da feira:

•O gando debe cumprir coa normativa vixente o día da feira.

•É obrigatorio realizar a desinsectación de cada res bovina e ovina, tanto á entrada como á saída da feira, así como presentar o xustificante de desinsectación do vehículo que os transporta

A Feira do San Bartolo está organizada pola CCVMV Costa de Laxamoura, que conta coa colaboración do Concello de Xove, a Consellería de Medio Rural da Xunta.