O Concello xovense presentou o tradicional Torneo Concello de Xove de Fútbol, que terá lugar o sábado 31 de agosto ás 18:15 no Campo Municipal de Fútbol de Xove. No acto de presentación estiveron presentes Demetrio Salgueiro, alcalde do Concello de Xove, Cristina Iglesias, concelleira de Deportes, e Antonio Meitín, presidente da Unión Deportiva Xove-Lago.
Este torneo enfrontará ao equipo local UD Xove-Lago contra a UD Folgueiro, nun partido que promete emoción e competitividade. A entrada ao evento será gratuíta para todos os asistentes.
Ademais, o domingo 1 de setembro ás 19:00, tamén no Campo Municipal de Xove, disputarase un partido entre a UD Somozas e o Viveiro FC. Para este encontro, a entrada será gratuíta para os socios, mentres que os non socios deberán abonar un prezo de 10 euros.