Vendaval

Etiquetas:
10/08/2024

A Praza José María López será escenario este domingo, 11 de agosto, ás 20.30 horas, do concerto de Durden , que se enmarca dentro do Vendaval Fest. O evento está organizado pola asociación Catro Caños, que conta coa colaboración, entre outros, do Concello de Ribadeo, a Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo e Acisa. 

Etiquetas:
24/07/2024

A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo colabora coa segunda edición do Vendaval Fest, que se celebra na vila esta vindeira fin de semana. 

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, explicou que “mais de 15 establecementos asociados a Acisa ofrecen descontos especiais os días 26, 27 e 28 de xullo aos asistentes á segunda edición do Vendaval fest. Esta é unha nova actividade da nosa asociación en colaboración cos organizadores deste festival. Participan comercios, locais de hostalaría, hoteis...  con descontos que van dende o 5% ao 30 % a maiores do prezo de rebaixas nos comercios participantes, 2x1 en pizzas, prezos especiais en consumicións como  cañas ou copas, descontos en comidas ou combos especiais de comida e bebida, son so algúns exemplos”. 

O xerente do colectivo empresarial...

leer más