O 18 de decembro terá lugar a II Canastra Solidaria, que organizan o Club Deportivo San Ciprián e o Concello de Cervo. Haberá recollida de alimentos e de xoguetes.

O 18 de decembro terá lugar a II Canastra Solidaria, que organizan o Club Deportivo San Ciprián e o Concello de Cervo. Haberá recollida de alimentos e de xoguetes.
 
A sección de baloncesto do Club Deportivo San Ciprián e o Concello de Cervo organizan unha recollida de alimentos e xoguetes na II Canastra Solidaria, evento que se celebrará o día 18 deste mes, domingo. Foi presentado cun acto no que estiveron o alcalde, Alfonso Villares; a concelleira de Cultura, Dolores García; o edil de Deportes, José Ramón Soto; monitoras da sección de baloncesto do CD San Ciprián e o equipo base deste deporte.
 
José Ramón Soto anunciou hoxe que “a sección de baloncesto do Club Deportivo San Ciprián e o Concello de Cervo organizan, por segundo ano consecutivo e despois do éxito obtido na primeira edición, un acto de recollida de alimentos e xoguetes denominado Canastra Solidaria e que se celebrará o vindeiro 18 de decembro no pavillón da Veiga, de San Ciprián. Para este acto solidario cóntase coa colaboración do Centro San Aníbal, Cruz Roja e o Club Estudiantes de Lugo”.
 
O concelleiro de Deportes explicou: “aproveitase esta xornada nestas datas tan entrañables na que a solidariedade emerxe dun xeito especial, sendo o noso obxectivo a recollida de alimentos non perecedoiros e de xoguetes, que serán entregados na súa totalidade ó Centro San Aníbal e a Cruz Roja. De xeito complementario tamén se contará coa colaboración do supermercado Familia, de San Ciprián, onde se habilitarán uns carriños da compra xunto as caixas de pago para que neles se poidan depositar  alimentos e xoguetes”.
 
Soto engadiu que “os actos do día 18 no pavillón da Veiga darán comezo ás 16:30 horas, xornada para a que o Club Baloncesto San Ciprián e o Concello de Cervo organizarán xogos de canastra para os nenos e nenas, contacontos, pintacaras e globoflexia. A partir das 19:00 horas disputarase un partido de Segunda División Infantil masculina entre os equipos Distribuciones Carreiras CD San Ciprián e Estudiantes Leyma Natura 03, de Lugo. Durante toda esta xornada poderase facer entrega de alimentos e xoguetes no pavillón da Veiga. Tanto dende o Concello de Cervo como dende o Club Deportivo San Ciprián queremos facer extensiva esta información a toda a poboación así como dar as grazas por adiantado pois esperamos que se repita o éxito do ano anterior”.