A Casa da Cultura de San Ciprián acollerá o vindeiro xoves, día 24, un curso para promover o emprendemento. A inscrición para participar é gratuíta.

A Casa da Cultura de San Ciprián acollerá o vindeiro xoves, día 24, un curso para promover o emprendemento. A inscrición para participar é gratuíta.
 
A Casa da Cultura de San Ciprián acollerá o vindeiro xoves, día 24, de cinco a oito da tarde un curso para promover o emprendemento que leva por título Con-formando talento. Está organizado polo Concello de Cervo, a inscrición é gratuíta e o prazo para apuntarse remata o día 22.
 
Durante as tres horas que durará a actividade haberá seis relatorios dedicados a estes temas: márketing persoal, comercialización, negociación, comunicación, social media e liderado, dirección e traballo en equipo.  
 
A concelleira de Educación, Cultura e Xuventude, Dolores García Caramés, explicou que “este curso serve para espertar o emprendedor que toda persoa leva dentro e, sobre todo, para impartir unhas directrices co obxectivo de que todo aquel que teña unha idea e queira levala á práctica saiba por onde ir. Animamos a que a xente se apunte e aproveite un curso que será moi ameno e produtivo”.
 
Os interesados en asistir poden inscribirse ata o vindeiro martes, día 22, a través da dirección de correo electrónico dinamizacion@concellodecervo.com; na Casa da Cultura, en horario de mañá; na Casa do Mar ou na Casa do Concello de Cervo.