A Casa da Cultura, de San Ciprián, acollerá neste mes de decembro a proxección de tres películas de cine adulto e xuvenil.

A Casa da Cultura, de San Ciprián, acollerá neste mes de decembro a proxección de tres películas de cine adulto e xuvenil.
 
O auditorio da Casa da Cultura, de San Ciprián, acollerá neste mes de decembro a proxección de tres películas de cine adulto e xuvenil programadas polo Concello de Cervo. Serán os días 10, 17 e 29, todas elas ás oito da tarde.
 
O día 10, sábado, ofrecerase a película Os fenómenos; o 17, tamén sábado, Lobos sucios; e o 29, xoves, El club de los incomprendidos.
 
A concelleira de Cultura, Dolores García Caramés, explicou que “esta é a programación de cine para adultos, mozos e mozas, do mes decembro, que se proxectará na nova pantalla coa que contamos na Casa da Cultura, de San Ciprián, e que se estreou o domingo 27 de novembro cunha película infantil, que tivo moi boa acollida. Dende o Concello de Cervo vamos seguir apostando polos ciclos de cine, pero tamén durante o ano 2017 haberá programación de documentais con diferentes temáticas. Ademais de cine para adultos, mozos e mozas o mes de decembro contará con dúas películas infantís, pero será xa na época das vacacións”.