San Cibrao
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da Rede Museística, prepara un amplo programa de actividades para celebrar o cincuenta aniversario do Museo Provincial do Mar, de San Cibrao.
Coincidindo coa efeméride, este venres desenvolveranse os actos conmemorativos da creación do museo, que naceu o 11 de outubro de 1969 na escola unitaria da localidade cun patrimonio inicial formado pola colección do mestre Francisco Rivera Casás.
O docente e mailo antigo alumnado serán homenaxeados durante a xornada, na que tamén se incorporarán ao museo os traballos de investigación de Chema Leal Bóveda e Xoán Ramón Fernández Pacios en relación ó papel da muller no mundo do mar, na Mariña e noutras rías, especialmente no ámbito das industrias pesqueiras.
Arredor do cincuenta aniversario, desenvolverase o programa “Un...
A Rede Museística da Deputación ofrece un total de 36 actividadesaos escolares da Provincia, que terán lugar nos catro museos que conforman dita rede: O Museo Provincial de Lugo, o Museo Provincial do Mar, o Museo Fortaleza San Paio de Narla e o Museo Pazo de Tor. Así o avanzou no Museo Provincial de Lugo, a Deputada de Cultura, Pilar García Porto. As inscricións realízanse no Departamento de Didáctica de cada Museo. Para máis información pódese consultar http://redemuseisticalugo.org/index.asp. No acto estivo acompañada pola Directora do Museo Provincial, AureliaBalseiro e a Xerente da Rede Museistica, Encarna Lago.
García Porto explicou que a Deputación “pon a disposición dos centros escolares a súa nova programación para o curso escolar 2018/2019 coa idea de fomentar o achegamento do...
leer másA Deputada de Cultura, Pilar García Porto, presentou este luns, na Praza de San Marcos, as actividades promovidas polo Goberno da Deputación para homenaxear a escritora, María Victoria Moreno, á que se lle adica este ano o Día das Letras Galegas.García Porto avanzou as iniciativas que comezan hoxe na Praza da San Marcos, e que inclúen un taller de serigrafía para todos os públicos, un concerto da Tradaescola coa Escola Municipal de Betanzos, ademais da continuación dos traballos didácticos nos que participan 7.000 escolares de 45 centros escolares da provincia.Paralelamente, na Rede Museística da Deputación, celebrarase a Semana dos Museos, con 6 obradoiros para os máis pequenos da familia e tamén para adultos.
A Deputada reivindicou o papel de María Victoria a prol do idioma e remarcou que “é a cuarta muller á que se lle dedica o Día das...
leer másO Goberno da Deputación ofrece este sábado, obradoiros gratuítos e para todas as idades, nos 4 museos da provincia, con motivo do Samaín. Así o informou este luns a Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto. As actividades terán lugar no Museo Provincial de Lugo, no Museo Fortaleza de San Paio de Narla en Friol, no Museo Provincial do Mar en Cervo, e no Museo Pazo de Tor en Monforte de Lemos. Os interesados en participar nestes obradoiros poden inscribirse nos museos onde se realizan as actividades.
As 4 actividades gratuítas que ofrece o Goberno da Deputación este sábado nos 4 museos da Rede Museística Provincial son:
- No Museo Provincial de Lugo, de 11:00 a 13:00 horas, terá lugar o obradoiro Samaín no museo. Está dirixido a nenos de entre 8 e 12 anos e conta con 15 prazas. Os participantes...
leer másA Asociación Pasada das Cabras de Burela vai facer o sábado, día 22 de xullo, a Ruta Nocturna de San Cibrao a Burela. O percorrido será de 9 quilómetros e dificultade baixa.
A saída será ás 22,00 horas da Estación de Autobuses de Burela e ao chegar a San Cibrao voltaremos andando ata Burela onde haberá ao remate chocolate con churros na Heladería Yöglio, totalmente gratuíto para todos os que fagan a ruta.
Para poder asistir é imprescindible anotarse en Gráficas Arfe ou ben no teléfono: 982 580 504 antes do xoves día 20.
A Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, e o viñetista, Luis Davila, O Bichero, presentaron no Museo do Mar, a exposición/obradoiro Humor do país, que estará exposta ata o 31 de xullo no museo que está situado en San Cibrao, no Concello do Cervo.
O Museo do Mar, acolle viñetas de Luis Davila, que versan sobre distintos temas de actualidade, como a sanidade, o turismo, a educación, ou a igualdade, entre outros. Este conxunto de obras, forma parte dunha exposición colectiva do debuxante e humorista galego, que reune ilustracións do autor nos 4 museos da Rede Museística da Deputación.
A colección do famoso viñetista, está enmarcada dentro da programación, que o Goberno da Deputación ofrece, de xeito gratuíto, durante o mes de maio, co gallo do Día Internacional dos Museos, que se celebrou o 18...
leer másA Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, presentou este martes no Claustro do Museo Provincial de Lugo, a programación de actividades, que o Goberno da Deputación ofrece, de xeito gratuíto, durante o mes de maio, co gallo do Día Internacional dos Museos, que se celebra o vindeiro 18 de maio.Este ano o lema escollido polo ICOM Internacional, éMuseos e historias controvertidas. Dicir o indicible en museos.Con esta iniciativa, o Consello Internacional dos Museos, busca que os Museos establezan un diálogo entre distintos interlocutores e exerzan un papel activo, e no seu caso reconciliador cos feitos e historias traumáticas, memorias feridas, do pasado.
García Porto destacou que “durante todo o mes de maio, o Goberno da Deputación, ofrece gratuitamente, actividades, obradoiros ou exposicións, dirixidas a todas as idades,...
leer másA Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, inaugurou este martes a mostra Nós+outrxs en redeque estará exposta ata o 30 de abril nos 4 museos da Deputación; Museo Provincial de Lugo, Pazo de Tor, Fortaleza de San Paio de Narla e do Mar.En paralelo á exposición, nos catro museos da Rede Museística levaranse a cabo obradoiros coordinados e xestionados polos propios artistas.
García Porto subliñou que “dende o Goberno da Deputación programamos durante todo o ano nos 4 museos da Rede Museística exposicións, obradoiros e actividades que promoven e defenden a igualdade, como o proxecto Nós+outrxs en rede, ao mesmo tempo que fomentamos e difundimos o traballo dos artistas da nosa provincia”.
Antes da inauguración da mostra, tivo lugar no Museo Provincial de Lugo unha mesa redonda na que participaron...
leer más