Un total de 21 obradoiros e 7 campamentos son as actividades que ofrecen este verán os catro museos da Rede Museística Provincial de Lugo. Son iniciativas para todas as idades, que terán lugar ao longo do período estival nas que se ofrece a posibilidade de aprender e desfrutar ao mesmo tempo. Pilar García Porto, no acto de presentación, convidou a todos os interesados a “inscribirse nestas actividades, que contribúen á formación ao mesmo tempo que son iniciativas lúdicas”.
No Museo do Mar de San Cibrao haberá as seguintes actividades:
Obradoiro: DIVERSXS
- Data: 30 de xuño.
- Prazas: 15.
- Idades: de 4 a 14 anos.
- Horario: de 11:30 a 13:00h.
Obradoiro: Atando Cabos
Este obradoiro permitirá recoñecer os diferentes tipos de cabos, as moitas manobras do barco nas que se utilizan e os tipos de nós que son precisos para cada unha delas.
- Data: 4 e 5 de xullo.
- Prazas: 15.
- Idades: de 4 a 14 anos.
- Horario: de 11:30 a 13:00h.
Obradoiro: Máscaras africanas
Coñecerase a Colección Xoán Anllo. Arte Africana que se expón nunha sala do MPLugo e inspiraranse para facer as máscaras africanas
- Data: 6 de xullo.
- Prazas: 15.
- Idades: sen límite.
- Horario: de 11:00 a 14:00h.
Campamento Arqueoloxía:
Escavación arqueolóxica dirixida polo arqueólogo Enrique Alcorta.
- Data: 11 e 12 de xullo.
- Prazas: 15.
- Idades: de 4 a 12 anos.
- Horario: de 11:30 a 13:30h.
Obradoiro: Comer e pensar só é empezar (Actividade patrocinada por Ibermuseos dentro do proxecto Guerrilla de palabras.
Resignificar o patrimonio de saberes e sabores existentes en comidas tradicionais de Lugo (Galicia) e Arxentina como mouteiras craves da micro historia para a narrativa comunitaria en museos. Problematizar a ausencia do patrimonio gastronómico e a invisibilidade de actrices e actores nos museos e historias das súas comunidades.
- Imparte: Leonardo Casado.
- Data: 12 de xullo.
- Prazas: 20.
- Idades: Club Senior.
- Horario: de 17:00 a 19:00h.
Obradoiro: Que caeu nas miñas redes?
O plástico é un dos materiais máis contaminantes para o océano, tardando en biodegradarse varios centos de anos. Son moitos os peixes e animais mariños que morren por asfixia ou obstrución das vías dixestivas. Obradoiro que trata de concienciar da importancia de xestionar axeitadamente os residuos e fomentar a reciclaxe.
- Data: 18 e 19 de xullo.
- Prazas: 15.
- Idades: de 4 a 14 anos.
- Horario: de 11:30 a 13:00h.
Obradoiro: Campamento no Museo Provincial do Mar (Dentro do Programa MAPAS (IN)VISIBLES)
- Data: 24, 25, 26 e 27 de xullo.
- Prazas: 15.
- Idades: de 4 a 15 anos.
- Horario: de 11:00 a 14:00h.
Obradoiro: Despregando velas
- Data: 22 de agosto.
- Prazas: 15.
- Idades: de 4 a 14 anos.
- Horario: de 11:30 a 13:00h.
Obradoiro: Coñeces a Cipriana?
Tratará de achegar o coñecemento baleeiro grazas a unha colección de ósos única no mundo por ser dunha balea xa extinguida.
- Data: 23 de agosto.
- Prazas: 15.
- Idades: de 4 a 14 anos.
- Horario: de 11:30 a 13:00h.
Aberto prazo de inscricións (ata completar prazas) no Departamento de Didáctica do Museo Provincial do Mar.
Museo Provincial do Mar: 982 59 45 72
Xerencia da Rede Museística: 699 836 883