O Museo do Mar, de San Cibrao, acollerá en xullo e agosto campamentos e actividades gratuitas para rapaces de 4 a 12 anos.

Aberto o prazo para inscribirse nas actividades de verán que organiza a Deputación na  Rede Museística Provincial. Trátase de actividades dirixidas a máis de 180 rapaces de entre 4 e 12 anos, alónganse desde o 1 de xullo ata o 30 de agosto. As actividades son totalmente de balde, o prazo para anotarse remata o día 26 de xuño no Museo Provincial e o día 27 no Museos do Mar, no Museo Fortaleza San Paio deNarla e no Museo Pazo de Tor. Para formalizar a inscrición é necesario presentar un formulario específico dispoñible nos Departamentos de Didáctica de cada sede museística.
 
Neste verán, a programación da Rede Museística cambia o formato da oferta, pero non a filosofía que move as actividades: os rapaces vivirán unha experiencia lúdica na que coñecerán e crearán a partir das ciencias, as artes ou a arqueolóxica, tendo en conta  sempre a igualdade, a interdisciplinariedade e asostibilidade. A programación, estará impartida por profesionais da Rede e nun espazo con importante valor histórico.
 
Club Sénior e Actividades con colectivos
Todas as sedes da Rede Museística da Deputación contarán tamén co obradoiro Álbum de Memoria no que os maiores traballarán as súas lembranzas a partir dunha selección de obxectos de cada Museo, usando a psicoestimulación cognitiva e a técnica da reminiscencia, tratando de establecer pontes entre o pasado e o presente.
 
Ademais, durante todo o verán, nas catro sedes realizaranse actividades con diferentes colectivos, entre as que destaca a colaboración Escénicas en Redecon varias asociacións ou a obra de teatro Vida Cómica, interpretada pola Compañía de Teatro IMPROvabilidades composta por persoas usuarias do centro COGAMI-Lugo.
 
Programación
 
Museo Provincial do Mar:
Campamento: (20 prazas en cada quenda)
- 1ª quenda: do 2 ao 5 de xullo, e do 30 de xullo ao 2 de agosto.
- 2ª quenda: do 19 ao 23 de agosto.
Álbum de Memoria:
- Datas: 9, 16 e 23 de xullo.De 17:00 a 19:00horas.
Escénicas en Rede: En colaboración con varios colectivos.
- Data: 4 de xullo. De 11:00 a 14:00 horas.
 
Museo Fortaleza San Paio de Narla:
Campamento: (20 prazas en cada quenda)
- 1ª quenda: do 9 ao 13 de xullo.
- 2ª quenda: do 20 ao 24 de agosto.
Álbum de Memoria:
- Data: 6 de agosto.De 17:00 a 19:00 horas.
Escénicas en Rede: En colaboración con varios colectivos.
- Data: 8 de agosto. De 12:00 a 14:00 horas.
 
Museo Pazo de Tor:
Campamento: (12 prazas en cada quenda)
- 1ª quenda: do 9 ao 12 de xullo.
- 2ª quenda: do 27 ao 30 de agosto.
Álbum de Memoria:
- Data: 13 de agosto. De 11:00 a 13:00horas.
Escénicas en Rede: En colaboración con varios colectivos.
- Data: 7 de agosto. De 11:00 a 13:00 horas
Todos os camiños levan a Tor:
- Actividade para membros do Club Ei! e mozos interesados en coñecer os os fondos do Museo Pazo de Tor, e apoiareclaración da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade.
 
Museo Provincial de Lugo:
Campamento: (20 prazas en cada quenda)
- 1ª quenda: do 1 ao 5 de xullo.
- 2ª quenda: do 8 ao 12 de xullo.
- 3ª quenda: do 19 ao 23 de agosto.
- 4ª quenda: do 26 ao 30 de agosto.
Álbum de Memoria:
- Data: 8 e 9 de xullo. De 18:00 a 20:00 horas.
Vida Cómica: Obra de teatro interpretada pola Compañía de Teatro IMPROvabilidades composta por persoas usuarias do centro COGAMI-Lugo.
- Data: 25 de xuño, ás 12:00 horas.