San Cibrao
O auditorio da Casa da Cultura de San Cibrao (Cervo) acollerá o sábado 11 de novembro as XII Xornadas de Construción Naval en Madeira, tituladas "Un mar de madeira: singraduras pendentes", que organiza a Asociación Galega de Carpintería de Ribeira (Agalcari), que conta coa colaboración do Concello de Cervo.
As actividades desenvolveranse a partir das 10:00 horas, co acto de inauguración a cargo do conselleiro do Mar, Alfonso Villares Bermúdez; a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés; e o presidente de Agalcari, Ramón Collazo Mosquera. E a xornada será clausurada ás 14:00 horas pola directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez Carballo.
En consonancia cos seus obxectivos de promoción e defensa dos dereitos como a saúde así como de colaboración con outros colectivos que traballan na mesma liña, o Foro Social da Mariña organiza a proxección do filme Agromantes, con guión e dirección de Cora Peña, o xoves 9 de novembro ás 20:00 horas no auditorio da Casa da Cultura de San Cibrao (Cervo).
Agromantes é unha obra audiovisual que mestura a ficción e o documental, cunha duración de 72 minutos. Aborda o tema da saúde mental a partir dunha situación na que un grupo de persoas comparten as súas experiencias de loucura e psiquiatrización nun xogo de escenificación improvisada.
Rematada a proxección haberá un coloquio no que intervirán por videoconferencia a directora do filme e algúns integrantes do mesmo.
Co gallo da celebración do 25 Novembro, día internacional contra a eliminación da violencia contra a muller, o Observatorio da Mariña pola Igualdade fai un chamamento á cidadanía mariñá para asistir á concentración que terá lugar o xoves 25 novembro ás 20.00 horas na Praza dos Campos (San Cibrao-Cervo).
Onde se poderá presenciar unha impáctante performance do colectivo artístico LAG, que ten por fin a reflexión sobre as múltiples violencias que sófremos as mulleres.
Finalizaremos o acto coa lectura do manifesto por parte das compañeiras de galegas8M San Cibrao
*Cumpriranse todas as medidas vixentes antiCovid
Por outra banda, os días do 23 ao 25 novembro, dentro da programación 25N o...
leer másA Rede Museística Provincial presentou unha programación destinada aos centros educativos para o curso escolar que comeza. Os departamentos de didáctica dos catro museos que compoñen a Rede (Museo Provincial de Lugo, Museo Fortaleza San Paio de Narla, Museo Provincial do Mar e Museo Pazo de Tor) crearon esta programación adaptada á situación sanitaria, con multitude de propostas tanto presenciais como virtuais.
O obxectivo principal desta programación é achegar, un ano máis, o patrimonio conservado nos museos ao alumnado a través dun conxunto de actividades caracterizadas polo seu compoñente educativo, lúdico e multicanle. A programación está enfocada á participación escolar, cunha perspectiva dinámica, divertida e que resulte de interese tanto ao profesorado como aos alumnos e alumnas.
Na presentación, na que...
leer másOs xardíns do Museo de Lugo acolleron esta mañá a presentación dos proxectos culturais Arte Viva e Escolma Diversa, que se desenvolverán ao longo do mes de agosto nos catro museo da Rede Provincial.
Trátase de propostas deseñadas por Ana Rielo e Javier Sánchez, estudantes do Máster en Servizo Culturais, que se imparte na Facultade de Humanidades do Campus Terra, que empregarán os diferentes espazos museísticos para poñer en práctica os coñecementos adquiridos durante o curso e iniciar a súa carreira profesional no ámbito da xestión cultural.
A vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro, sinalou que “estamos especialmente orgullosas de presentar e dar cabida a esta iniciativa porque segue a cultivar os vínculos e a colaboración coa Universidade de Santiago, neste caso coa Facultade de Humanidades, onde se imparte...
leer másA Rede Museística reforza a programación en liña para manter a súa actividade de difusión da arte e do patrimonio malia o peche ás visitas presenciais, seguindo as restricións anunciadas pola Xunta de Galiza ante o avance da pandemia.
Os museos provinciais inician este mércores un proxecto pensado para todos os públicos con relatos mediados, ao vivo, a través dos seus perfís en Facebook. A proposta inclúe parladoiros, escape rooms, obradoiros e xogos que levarán ás usuarias e usuarios a coñecer as diferentes coleccións e salas dos museos.
As sesións programaranse todos os días ás 17.00 horas:
Os martes, xoves e sábados dende o Museo Provincial de Lugo.
Os mércores dende o Museo Provincial do Mar, San Cibrao, Cervo.
Os venres dende o...
leer másXurxo Souto presenta este sábado o seu libro “Pangalaica, recortes poderosos”, nunha sesión virtual que se poderá seguir a través das redes sociais do Museo do Mar de San Cibrao a partir das 12.00 horas.
O libro, publicado por Galaxia, recolle oitenta relatos ilustrados, inspirados en historias e persoas que o autor coñeceu nas súas xiras por Galiza á fronte dos Diplomáticos de Monte Alto. En palabras do músico e escritor coruñés, trátase de “petiscos cheos de humor que acaban conformando unha cosmovisión alternativa do país: É mentira a fronteira entre o rural e o urbano. Todas somos da aldea”, reivindica.
Concerto de Ugía Pedreira
Á presentación, seguirá un concerto da artista mariñá Ugía Pedreira, que está a abrir unha nova etapa artística na súa traxectoria, presentándose como A...
leer másAs charlas, organizadas pola asociación sociocultural Mariña Patrimonio, terán lugar ao longo de varias xornadas neste mes de decembro.
Co título “Escoitando o mar” Mariña Patrimonio organiza un ciclo de conferencias coas que pecha as actividades culturais que levan organizado ao longo deste ano.
O próximo día 20 comezarán as xornadas coa conferencia “Foula de prata: a bordo da tradición oral marítima” a cargo do Secretario da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA), Miguel Losada e Enrique Blanco, Ex - Director CEIP Noia.
O 26 de decembro Anxo Muíños, escritor e patrón de pesca, falará sobre “Mitos do mar: O alén dos barqueiros” e o 27 deste mesmo mes a conferencia “A onomástica naval na Galicia de antano: unha odisea relixiosa, cultural e afectiva” será pronunciada polo profesor da UDC...
leer más