Museos
A FCAM segue coa campaña de promoción da comarca a nivel nacional. A Federación de Comercio A Mariña continúa sumando publicacións e nesta ocasión unha reportaxe na revista Auto Fácil convida a realizar unha visita polos museos da costa luguesa da man de Pedro Madera, xornalista, historiador e viaxeiro infatigable.
Para o presidente da FCAM, José Carlos Paleo, “a ruta dos museos a través desta comarca e pola provincia de Lugo son unha boa escusa para visitarnos”. E subliñou “a importancia que ten o turismo no comercio de proximidade, que encaixa na decisión de viaxar con todas as medidas de prevención neste momento”.
Pedro Madera propón en Auto Fácil unha visita ao Museo do Mar en San Ciprián, ao Museo da Basílica de San Martiño de Mondoñedo e ao Museo de Sargadelos, ademais doutros situados na cidade de Lugo...
leer másO Complexo Regalxunqueira, en Viveiro, reabre as súas instalacións museísticas. Entre as mostras que se poden visitan está o Museo da Cerámica con obras de destacados ceramistas de todo o mundo como Miró, Tapies, Picasso, Emili Galassi e Carmen Perujo, entre outros. Neste Museo da Cerámica expóñense ademais unhas 200 obras de Otero Regal, dende o ano 1968 ata a actualidade. No edificio tamén pódese ver a historia da cerámica do norte de Galicia, dende a castrexa a Sargadelos, pasando pola alfarería tradicional, a primeira fábrica que coce en alta temperatura, a de Cucurni en Burela, e obras destacadas de ceramistas como Rosa Ramallo, Julia Ramallo, Misterio, Cuíña, Ouro, Manrique, Nacho Porto e Quique Guerra, entre outros. Ademais de pode ver unha colección de pezas descatalogadas de Regal Cerámicas e obras de finais dos 60 de Otero Regal.
... leer más