San Cibrao
A Asociación Pasada das Cabras de Burela vai facer o sábado, día 22 de xullo, a Ruta Nocturna de San Cibrao a Burela. O percorrido será de 9 quilómetros e dificultade baixa.
A saída será ás 22,00 horas da Estación de Autobuses de Burela e ao chegar a San Cibrao voltaremos andando ata Burela onde haberá ao remate chocolate con churros na Heladería Yöglio, totalmente gratuíto para todos os que fagan a ruta.
Para poder asistir é imprescindible anotarse en Gráficas Arfe ou ben no teléfono: 982 580 504 antes do xoves día 20.
A Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, e o viñetista, Luis Davila, O Bichero, presentaron no Museo do Mar, a exposición/obradoiro Humor do país, que estará exposta ata o 31 de xullo no museo que está situado en San Cibrao, no Concello do Cervo.
O Museo do Mar, acolle viñetas de Luis Davila, que versan sobre distintos temas de actualidade, como a sanidade, o turismo, a educación, ou a igualdade, entre outros. Este conxunto de obras, forma parte dunha exposición colectiva do debuxante e humorista galego, que reune ilustracións do autor nos 4 museos da Rede Museística da Deputación.
A colección do famoso viñetista, está enmarcada dentro da programación, que o Goberno da Deputación ofrece, de xeito gratuíto, durante o mes de maio, co gallo do Día Internacional dos Museos, que se celebrou o 18...
leer másA Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, presentou este martes no Claustro do Museo Provincial de Lugo, a programación de actividades, que o Goberno da Deputación ofrece, de xeito gratuíto, durante o mes de maio, co gallo do Día Internacional dos Museos, que se celebra o vindeiro 18 de maio.Este ano o lema escollido polo ICOM Internacional, éMuseos e historias controvertidas. Dicir o indicible en museos.Con esta iniciativa, o Consello Internacional dos Museos, busca que os Museos establezan un diálogo entre distintos interlocutores e exerzan un papel activo, e no seu caso reconciliador cos feitos e historias traumáticas, memorias feridas, do pasado.
García Porto destacou que “durante todo o mes de maio, o Goberno da Deputación, ofrece gratuitamente, actividades, obradoiros ou exposicións, dirixidas a todas as idades,...
leer másA Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, inaugurou este martes a mostra Nós+outrxs en redeque estará exposta ata o 30 de abril nos 4 museos da Deputación; Museo Provincial de Lugo, Pazo de Tor, Fortaleza de San Paio de Narla e do Mar.En paralelo á exposición, nos catro museos da Rede Museística levaranse a cabo obradoiros coordinados e xestionados polos propios artistas.
García Porto subliñou que “dende o Goberno da Deputación programamos durante todo o ano nos 4 museos da Rede Museística exposicións, obradoiros e actividades que promoven e defenden a igualdade, como o proxecto Nós+outrxs en rede, ao mesmo tempo que fomentamos e difundimos o traballo dos artistas da nosa provincia”.
Antes da inauguración da mostra, tivo lugar no Museo Provincial de Lugo unha mesa redonda na que participaron...
leer másA Deputada de Cultura, Artesanía e Deseño, presentou este martes os agasallos que o Goberno da Deputación vai a entregar o vindeiro venres aos visitantes dos 4 museos da provincia; Museo Provincial de Lugo, Pazo de Tor, San Paio de Narla, e do Mar, e aos da Capela de Santa María, con motivo do 180 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro.
García Porto subliñou que “Rosalía de Castro foi un exemplo de liberdade para todas as mulleres e un referente de compromiso coa identidade, a cultura, e a lingua galega. Dende o Goberno da Deputación queremos homenaxear a unha das artistas máis importantes da nosa historia que foi, é e será, un símbolo para o pobo galego”.
En total entregaranse 250 láminas, co poema Adiós ríos, adiós fontes da artista galega,e unha rosa. A ilustración de Rosalía de Castro é de Noemí López...
leer más