A Rede Museística Provincial presentou a programación polo Día dos Museos, que se conmemora o 18 de maio. As actividades previstas, que se concentran entre os días 14 e 18 de maio, mesturan a presencialidade cos formatos en liña e xiran arredor do lema “O futuro dos museos: recuperar e reimaxinar”, elixido para a conmemoracion da efeméride a nivel global polo Consello Internacional dos Museos (ICOM).
Precisamente, atendendo a esta referencia á memoria, a presentación fíxose no Pazo de San Marcos, nos corredores da planta baixa, ubicación do Museo de Lugo desde a súa creación no 1934 ata 1957, cando se trasladou á sede actual na Praza da Soidade. No 1969, naceu o Museo do Mar de San Cibrao; no 1983 abriu as portas como museo etnográfico e da historia a Fortaleza de San Paio de Narla en Friol, e no 2006, inagurouse como espazo expositivo o Pazo de Tor, que fora doado por María Paz Taboada á Deputación de Lugo no 1998. 0 2006 foi tamén o ano en que se creou a Rede Museística Provincial, que neste 2021 celebra o seu 15 aniversario.
“A programación que presentamos concilia esa mirada ao pasado, co presente e futuro dos museos, a través de diferentes actividades que inciden na perspectiva social, inclusiva e sostible na que a Rede ven traballando nos últimos anos, dacordo cos obxectivos de desenvolvemento que marca a Axenda 2030. Son propostas moi diversas, que mesturan a presencialidade cos formatos en liña, e que buscan a participación de toda a comunidade, especialmente das mulleres, como artistas, xestoras, transmisoras e custodias da memoria e do patrimonio”, expuxo Maite Ferreiro, acompañada na presentación por Encarna Lago, xerente da Rede Museística Provincial, Aurelia Balseiro, directora do Museo de Lugo, e Fernando Arribas, responsable de difusión do Museo de Lugo.
Programa
14 de maio. Conferencia de Nekane Aramburu.
Lugar: Online
Hora: De 17:00 a 18:00h.
Inscricións: comunidadermpl@gmail.com
Conferencia online de Nekane Aramburu sobre o seu libro Alternativas. Políticas de lo independiente en las Artes Visuales. Para todos os públicos con interese en museos, xestión cultural e inclusión de outras narrativas. Con esta publicación a autora ofrece ferramentas de pensamento crítico para abordar os relatos da historia da arte.
Durante os días seguintes un grupo de traballo de profesionais da xestión cultural analizará en profundidade metodoloxías e conceptos evolutivos inclusivos.
15 de maio. Noite dos museos
Lugar: San Paio de Narla.
Hora: 20:00h.
Inscricións: comunidadermpl@gmail.com
Presentación e estrea do capítulo 0 da web-serie “Ronsel de Futuro”, de Producións Señor López.
Presentación do proxecto “Recuperar onde vivimos, reimaxinar onde viviremos”, unha actividade aberta á participación coa que se pretende recompilar fotografías, vídeos, audios e ilustracións de distintos lugares da provincia nas datas sinaladas da historia dos museos provinciais.
16 de maio. Sementando Galego
Lugar: San Paio de Narla
Hora: 18:00h.
Inscricións: comunidadermpl@gmail.com
Aforo: 30 persoas
Unha experiencia educativa e reflexiva para mirar ao pasado a través daquelas palabras que nos suxiren outros momentos e dirixir a vista cara ao presente con aquelas outras que nos importan conservar. Sementándoas, pasarán a ser o substrato necesario para construír o noso futuro.
18 de maio. Unha xornada palaciana: pasado, presente e futuro da vida dos pazos galegos. Os casos de Tor e Meirás
Lugar: Museo Pazo de Tor
Hora: De 10:00 a 14:00h.
Inscricións: comunidadermpl@gmail.com
Aforo: 15 persoas
Construirase un novo espazo de reflexión patrimonial e cultural cunha mirada múltiple da que participarán especialistas e testemuñas directas do mundo palaciano. Abordarase tanto a dimensión histórica e cultural dos pazos, coma os aspectos patrimoniais, museolóxicos e sociais que lles concernen, a través da exposición da historia do Pazo de Tor e do Pazo de Meirás. Nos relatorios participarán os historiadores Pegerto Saavedra Fernández e Antonio Presedo Garazo e Manuel Monge e Carlos Babío, impulsores do movemento cívico para a recuperación do Pazo de Meirás para o patrimonio público.
18 de maio. Sementando galego
Lugar: Pazo de Tor
Hora: 14:00h.
Inscricións: comunidadermpl@gmail.com
Aforo: 30 persoas
Unha experiencia educativa e reflexiva para mirar ao pasado a través daquelas palabras que nos suxiren outros momentos e dirixir a vista cara ao presente con aquelas outras que nos importan conservar. Sementándoas, pasarán a ser o substrato necesario para construír o noso futuro.
18 de maio. Obradoiro de ilustración con Iria Fafián con versión online
Lugar: Museo Provincial de Lugo
Hora: de 17:00 a 20:00h.
Inscricións: comunidadermpl@gmail.com
Aforo: 10 nenxs de 8 a 12 anos acompañados dunha persoa adulta.
Destinado a familias, este obradoiro está orientado a estimular a creatividade e a colaboración a través dun exercicio sinxelo e divertido en torno ao deseño de personaxes. A intención é dar unhas ferramentas de creación que se poidan utilizar a modo de xogo.
Ademais, as persoas interesadas sen praza presencial poderán seguir este obradoiro vía streaming solicitando o enlace no mesmo correo electrónico.
18 de maio. Imaxinando ás escuras
Lugar: Museo Provincial de Lugo
Hora: 11:00h.
Visita sensorial co colectivo ONCE de Galicia.
18 de maio. Recuperando e reimaxinando proxectos de xénero na Rede Museística.
Lugar: Museo Provincial de Lugo
Hora: 20:00h.
Inscricións: comunidadermpl@gmail.com
Aforo: 15 persoas
Presentacion do libro catálogo “Eu..., ti..., elas..., nosoutras, nosoutrxs... en rede”, que recompila as propostas vinculadas á igualdade e á diversidade desenvoltas pola Rede Museística en 2018 e 2019.
18 de maio. Concerto de Carmen Penin
Lugar: Museo Provincial de Lugo
Hora: 20:30h.
Inscricións: comunidadermpl@gmail.com
Aforo: 15 persoas
Convocatorias: Lendo a Xela
A celebración das Letras Galegas, na véspera do Día dos Museos, tamén esta presente na programación da Rede Museística Provincial. Así, na noite do 17 de maio, as redes sociais dos museos difundirán vídeos nos que se reciten poemas de Xela Arias. Desde este xoves, ábrese a convocatoria para que as persoas que o desexen envíen os seus vídeos, dun máximo de dous minutos de duración e en formato horizontal, ao enderezo electrónico comunidadermpl@gmail.com