Representación

08/02/2017

Contraproducións, S.L. presenta “O tolleito de Inishmaa” no Teatro Pastor Díaz, de Viveiro o sábado, 11 de febreiro, ás 20:30 horas.

Baixo a dirección de Cándido Pazó, o elenco artístico está composto por Santi Romay, Susana Dans, Ana Santos, Evaristo Calvo, María Roja, Marcos Pereiro, Ricardo de Barreiro e Luis Iglesia.

A historia podería discorrer nunha aldea galega, pero é unha pequena illa irlandesa nos anos 30, con personaxes curiosas e pintorescas. Seres máis ou menos adorables ou odiosos que, nun mundo física e humanamente isolado, viven as súas vidas cativas como poden e saben. Entre eles un tolleito, un ser desfavorecido que ten unha arela que para el semella extremadamente difícil, transcender ese espazo pechado que está obrigado a habitar. Un eivado que persegue un soño que nel parece empresa imposible...

leer más
30/01/2017
O Concello de Barreiros organiza unha representación teatral para o 5 de febreiro. O grupo A Adala porá en escena "Si o sei, non volvo á casa".
 
O Concello de Barreiros organiza unha representación teatral o vindeiro domingo, 5 de febreiro. O grupo A Adala presentará Si o sei, non volvo á casa. A obra poderase ver ás 18:00 horas, no Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro.
 
O grupo de teatro A Adala, de Fazouro, nacía no ano 2000 co obxectivo de achegar o teatro afeccionado á Mariña. Durante a súa traxectoria ten representado máis dunha ducia de obras. Hai un ano poñía sobre as táboas Sen seu amor e agora chega con este título, Si o sei, non volvo á casa.
 
A función está organizada pola Concellería de Cultura  e pola Oficina Municipal de Información Xuvenil.
 
30/01/2017
A comedia "Falar sen cancelas" chega a Burela o 3 de febreiro. O concelleiro de Cultura, José Díaz, subliña que conta cun reparto estelar de actores.
 
A comedia galega Falar sen cancelas chega ao auditorio municipal de Burela o vindeiro venres, 3 de febreiro, ás 21:00 horas.
 
O concelleiro de Cultura, José Díaz, comentou que “para el próximo 3 de febrero, que es viernes, a las nueve de la noche, tenemos programada una obra de teatro, una comedia gallega de calidad, de muy buen nivel, super original, y con un reparto estelar a nivel de Galicia. Están como actores Pedro Brandariz, Fran Rei e Isabel Risco, los tres muy conocidos y muy respetados sobre los escenarios, porque tienen ya muchísimo currículum”.
 
O edil socialista explicou que “vienen con una historia que se llama Falar sen cancelas, que va de gente que habla mucho, gente que habla poco, de para qué utilizamos el lenguaje, y con...
leer más
Etiquetas:
05/01/2017
A Fundación Eu Son representará en Xove "A morte dun caniche". Será o 7 de xaneiro con entrada libre e gratuíta.
 
O programa de Nadal do Concello vai ter pasado mañá, sábado 7 de xaneiro,  unha cita moi especial, xa que imos ter a fortuna de recibir ao grupo de teatro da Fundación Eu Son de Burela, integrado nesta ocasión por 11 persoas, que nós van por  en escea a obra “A norte dun caniche”. A función vaise desenvolver no Salón de Actos do Centro Cívico, a partires das 20:00 horas con entrada libre e gratuita para todos os públicos.
 
É a segunda ocasión que o grupo de teatro da Fundación actúa en Xove, xa que tamén estiveron na programación de Nadal de 2014. Dende o Concello aproveitamos para agradecerlle á Fundación Eu Son de Burela esta presencia en Xove, que esperamos sexa do agrado de tódolos asistentes. Lóxicamente, dende o Concello invitamos a todos os xovenses e visitantes a que acudan a esta...
leer más
Etiquetas:
13/12/2016
En Foz o local social de Marzán acollerá o 16 de decembro unha representación teatral a cargo do grupo Pico do Castro.
 
O local social da localidade focense de Marzán acollerá este venres, día 16, ás 20:45 horas unha representación teatral a cargo do grupo Pico do Castro que ofrecerá a obra titulada O Consultorio.
 
Esta actividade está organizada pola Delegación de Cultura do Concello de Foz e a asociación de veciños O Torques, de Marzán.
 
10/11/2016
O grupo O Bordelo representará o 13 de novembro en Barreiros a obra "Xubilando". Será ás seis da tarde.
 
Barreiros acollerá unha representación teatral a cargo do grupo O Bordelo coa obra Xubilando. Será este domingo, 13 de novembro.
 
A representación inclúese no proxecto teatral Buxiganga da Deputación de Lugo e terá lugar ás 18:00 horas no Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro.
 
O grupo de teatro de Cervo O Bordelo ten recibido nas súas dúas décadas de historia diferentes recoñecementos en distintos certames de teatro afeccionado e estreou a obra Xubilando a comezos deste ano baixo a dirección de Francisco Piñeiro, quen tamén é autor da obra.
 
Esta función teatral está patrocinada pola Deputación de Lugo e conta coa colaboración do Concello de Barreiros, a través da Concellería de...
leer más
08/11/2016
O grupo Chévere presenta "Eroski Paraíso" no Teatro Pastor Díaz, en Viveiro, o 12 de novembro. Alí estarán Miguel de Lira e Patricia de Lorenzo, entre outros.
 
O Grupo Chévere presenta a obra Eroski Paraíso o sábado, 12 de novembro, no Teatro Pastor Díaz de Viveiro ás 20:30 horas.
 
Eroski Paraíso é a primeira produción de Chévere despois de recibir o Premio Nacional de Teatro. Trátase dun proxecto escénico construído sobre a promesa dun paraíso social feita por un estado de benestar que agora se desmorona. O paraíso prometido era en realidade un hipermercado. Este é o retrato dunha xeración que tivo todo ao alcance da man e andou pola vida como se andase polo corredor dun supermercado, sometida ás mesmas técnicas de márketing que se usan para influír nas decisións de compra dos consumidores.
 
O proceso de traballo de Eroski Paraíso comezou explorando a memoria colectiva e a afectividade dunha...
leer más
04/11/2016
Xosé A.Touriñán e Federico Pérez estarán o 12 de novembro en Burela coa obra "Curtis & Teixeiro. Investigadores privados".
 
A Delegación de Cultura continúa coa súa programación para este mes de novembro e o sábado, 12 de novembro, contará coa obras Curtis & Teixeiro. Investigadores privados, con Xosé A. Touriñán e Federico Pérez. O texto e a dirección corre a cargo de José Prieto.
 
As entradas xa están a venda na Biblioteca Pública, na Casa da Xuventude, na Cervecería O Traste ou na web www.curtiseteixeiro.gal a un prezo único de 12 euros.
 
A representación o 12 de novembro terá lugar no Auditorio Municipal de Burela ás 21:00 horas.
Curtis e Teixeiro son dous detectives un tanto peculiares, os Starsky e Huch galegos, unha clase de investigadores privados con métodos...
leer más
03/11/2016
Nostrum Cai Teatro representará no Pastor Díaz, de Viveiro, o 5 de novembro con "Alba. A casa pechada".
 
Nostrum Cai Teatro representará a obra Alba. A casa pechada no Teatro Pastor Díaz de Viveiro  o sábado, 5 de novembro, ás 20:30 horas.
 
A actuación inclúese no programa Buxiganga da Deputación de Lugo. A montaxe é unha adaptación para danza-teatro da obra de García Lorca La casa de Bernarda Alba a cargo de Sonia Fernández e Lola Fernández quen ademais dirixe a obra.
 
Nostrum Cai Teatro xurde no 2002 en Lugo centrándose na formación teatral e no achegamento as súas diferentes disciplinas como dramaturxia, mimo, voz, verso, comedia do arte, danza contemporánea e monólogos entre outras. Ten recibido diferentes recoñecementos como unha mención honorífica na Mostra de Teatro Curto de Getxo-Bilbao por Soños ou ser finalista do certame As...
leer más
03/11/2016
A Panadaría presenta en Burela o 4 de novembro a obra "Pan! Pan!". Será ás 21:30 horas na Casa da Cultura.
 
A Delegación Municipal de Cultura de Burela programa para este venres, día 4, a obra Pan! Pan! da compañía A Panadaría.
 
A representación terá lugar no auditorio da Casa da Cultura ás 21:30 horas e está organizada pola Concellería de Cultura, AGADIC e a Rede de Teatros e Auditorios de Galicia. O prezo da entrada é de 3 euros en anticipada e 5 euros en billeteira.
A Panadaría é unha compañía de teatro formada por Areta Bolado, Noelia Fernández e Ailèn Kendelman. Este é o seu primeiro espectáculo e xa recibiu diferentes recoñecementos que a converten nunha das revelacións teatrais da tempada. Gañou o Primeiro Premio Xuventude Crea 2013, no 2015 Ailèn Kendelman foi nomeada aos Premios María Casares por Mellor Música Orixinal e Areta Bolado recibiu o...
leer más