Nostrum Cai Teatro representará no Pastor Díaz, de Viveiro, o 5 de novembro con "Alba. A casa pechada".

Nostrum Cai Teatro representará no Pastor Díaz, de Viveiro, o 5 de novembro con "Alba. A casa pechada".
 
Nostrum Cai Teatro representará a obra Alba. A casa pechada no Teatro Pastor Díaz de Viveiro  o sábado, 5 de novembro, ás 20:30 horas.
 
A actuación inclúese no programa Buxiganga da Deputación de Lugo. A montaxe é unha adaptación para danza-teatro da obra de García Lorca La casa de Bernarda Alba a cargo de Sonia Fernández e Lola Fernández quen ademais dirixe a obra.
 
Nostrum Cai Teatro xurde no 2002 en Lugo centrándose na formación teatral e no achegamento as súas diferentes disciplinas como dramaturxia, mimo, voz, verso, comedia do arte, danza contemporánea e monólogos entre outras. Ten recibido diferentes recoñecementos como unha mención honorífica na Mostra de Teatro Curto de Getxo-Bilbao por Soños ou ser finalista do certame As Vangardas 2005 por Paxariños preñados, proxecto compartido con In Bocca al Luppo co que ademais conseguiu os premios á mellor dirección, mellor espectáculo, mellor escenografía e mellor interpretación feminina na Mostra de Teatro Daniel Cortezón de Ribadeo.
 
Alba. A casa pechada conta a historia de tres irmás que privadas de liberdade desatan ceos e paixóns, desafían á moral establecida e o despotismo dunha nai que se interpón entre elas e os homes. O intento por quebrar a tiranía da nai á que non poden vencer levaraas a un destino tráxico.