Representación
12/11/2015
O Grupo Hipócrita Teatro de Lugo actuará este sábado, 14 de novembro, no auditorio da Casa da Cultura de Burela, a onde levará a súa obra Emperador, que pensas? Fala!. A peza, representada a partir das 20 horas, é apta para todos os públicos e a entrada é libre. A sesión teatral está organizada pola Delegación de Cultura de Burela e forma parte do proxecto Buxiganga, que a Deputación Provincial achega aos concellos.
Hipócrita Teatro naceu en Lugo en novembro de 2004. Ata o 2009 dirixiu as súas montaxes Guillermo Cancelo, entre elas O achado do castro, de Manuel Núñez Singala (2005), Miserere, un drama sobre a violencia de xénero, estreado en Lugo en novembro de 2005, ou Deuses e Die Irae, espectáculos creados para a festa romana Arde Lucus.
Dende 2010, a compañía estreou tres novos espectáculos dirixidos por Carlos Rebolo. Son Homes en escabeche,...
leer más 20/10/2015
Teatro do Morcego levará a escena o vindeiro sábado, 24 de outubro, no teatro Pastor Díaz de Viveiro a súa peza Presidente, unha comedia para adultos de 90 minutos de duración e dirixida e escrita por José Prieto. A cita é as 20:30 horas.
Presidente é a historia dunha campaña electoral na que o goberno saínte non ten moi boas perspectivas. Os asesores do presidente, ao que non acompañan as enquisas, deciden tomar unha iniciativa inesperada: visitar persoalmente aos votantes nas súas casas para convencelos e lograr que o apoien. Así que cidadáns de todo tipo comezan a recibir a visita do presidente nos seus fogares; dende unha familia humilde a outras ultraconservadoras e antisistema escoitarán as propostas do candidato nunha comedia sobre a manipulación política.
... leer más 24/06/2015
San Martiño acollerá este venres, día 26, unha representación do grupo A Adala incluída dentro do primeiro Ciclo de Teatro de Primavera nas Parroquias, organizado polo Concello de Foz.
Será no local social da parroquia de San Martiño ás 21 horas con entrada gratuíta. A Adala representará a obra titulada Apreta pero non afoga.
Antes da representación recolleranse doazóns para o Banco de Alimentos de Foz.
17/06/2015
O domingo, 21 de xuño, haberá unha nova sesión de teatro no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro. A compañía 3DTrans porá en escena “Ride, ride…”!. Será partir das 19 horas.
Sabela Amado, Cristina Mariño e Cristina Moreira levan ao teatro sketchs cos que gañaron o concurso Os humorosos da Televisión de Galicia. “Ride, ride…”! é un espectáculo de risas, relaxación subxectiva e parodia sobre un episodio da vida de tres actrices.
A representación enmárcase dentro do programa Cultura no Camiño 2015, da Xunta.
11/06/2015
O centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro acollerá este domingo, 14 de xuño, unha representación teatral. Os Sete Magníficos + 1porán en escena Bilvalvos coma galegos. Pedro Brandariz e Fran Rei, habituais do programa Luar da TVG, mostrarán un espectáculo cómico, retranqueiro e irónico, o sentido do humor dos galegos e a súa posta en práctica en situacións cotiás.
A obra de teatro, que se enmarca no programa Cultura no Camiño 2015, dará comezo ás 19 horas. Está organizada polo Agadic e a Xunta de Galicia, que contan coa colaboración da Concellería de Cultura barreirense e da Oficina de Información Xuvenil.
03/06/2015
O cine volve ao Teatro!
O Teatro de Ribadeo vólvese converter nun cine para acoller a representación de “Soños dun sedutor”, de Woody Allen, a cargo da compañía Tolemia Teatro.
Despois de 3 anos en cartel, nos que tanto a montaxe como os actores e actrices resultaron galardoados en diversos certames, escollen Ribadeo para despedirse do público.
Non faltedes, pasarédelo de cine!
O prezo da entrada será de 2 euros. A representación dará comezo ás 20:30 horas.