O grupo O Bordelo representará o 13 de novembro en Barreiros a obra "Xubilando". Será ás seis da tarde.

O grupo O Bordelo representará o 13 de novembro en Barreiros a obra "Xubilando". Será ás seis da tarde.
 
Barreiros acollerá unha representación teatral a cargo do grupo O Bordelo coa obra Xubilando. Será este domingo, 13 de novembro.
 
A representación inclúese no proxecto teatral Buxiganga da Deputación de Lugo e terá lugar ás 18:00 horas no Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro.
 
O grupo de teatro de Cervo O Bordelo ten recibido nas súas dúas décadas de historia diferentes recoñecementos en distintos certames de teatro afeccionado e estreou a obra Xubilando a comezos deste ano baixo a dirección de Francisco Piñeiro, quen tamén é autor da obra.
 
Esta función teatral está patrocinada pola Deputación de Lugo e conta coa colaboración do Concello de Barreiros, a través da Concellería de Cultura e a Oficina de Información Xuvenil.