Representación
10/05/2016
Este sábado, 14 de maio, ás 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz de Viveiro, Cándido Pazó presentará o espectáculo Que comerá o rei?.
Trátase dunha sesión de historias e contos inspirados nos textos e debuxos de Castelao. Un espectáculo que coa palabra como única ferramenta, procura o humor agudo e tenro, a expresión sinxela e sutil e o trazo delicado e potente deste xenial artista.
Esta actividade está organizada pola Área de Cultura da Deputación.
29/04/2016
A obra "A Órbita do Lucecú" porase en escena este domingo, 1 de maio, no Auditorio Municipal de Ribadeo.
É a historia de tres compañeiros de piso que orbitan compartindo espazo e soidade. A enerxía que conteñen no seu interior marcará os seus destinos. As cousas máis simples as veces son as máis difíciles de conseguir, os nosos esforzos pérdense na noite como o refulxir dun lucecú que titila ata esmorecer cando non acada a resposta buscada.
A representación que corre a cargo da compañía Lucecús Teatro, terá lugar este domingo, 1 de maio, ás 20:30 horas no Auditorio Municipal con entrada única a 3 euros.
30/03/2016
O salón de actos da Casa do Concello de Lourenzá acollerá en abril o Mes do Teatro con catro espectáculos. O primeiro será este domingo 3 e o último está programado para o día 24. Todas as representacións empezarán ás oito da tarde. Anunciouno hoxe a alcaldesa, Rocío López.
Este domingo, día 3, a compañía teatral do Colectivo Ollomao, de Barreiros, representará a obra titulada Oé, oé, oé. O sábado 9 o grupo infantil Os Faladores, de Lourenzá, ofrecerá A apidemia. O seguinte sábado, día 16, a compañía O Centiño, da parroquia focense de San Martiño, representará O caldeiro máxico. E o ciclo rematará o domingo 24 cun espectáculo de monólogos.
Esta...
leer más 16/03/2016
Este domingo, 20 de marzo, ás 18:30 horas no Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro o grupo de teatro Faro-Miño porá en escena a obra "Os Trillizos da Socorro".
Trátase dunha comedia costumista para todos os públicos que narra a historia de Socorro que vive cos seus trillizos, tres nenos en corpo de home. A historia pega un xiro cando decide contratar unha asistenta.
A representación organizada pola Concellería de Cultura de Barreiros e da Oficina de Información Xuvenil, terá lugar a partir das seis e media da tarde no Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro.
07/03/2016
O salón de actos da Casa do Concello de Lourenzá acollerá este vindeiro domingo, día 13, ás oito da tarde unha representación teatral organizada pola Concellería de Cultura. O grupo Pico do Castro, de Foz, representará a obra titulada "De vello gaiteiro".
16/02/2016
A compañía Sarabela Teatro presenta este domingo, 21 de febreiro, en Ribadeo a súa última montaxe, unha versión da obra “Ensaio sobre a cegueira”. A representación terá lugar no Auditorio Municipal de Ribadeo ás oito e media da tarde.
Esta adaptación da famosa novela do premio Nobel José Saramago ven percorrendo os escenarios de Galicia dende o pasado mes de setembro. Está dirixida por Ánxeles Cuña e interpretada por Fina Calleja, Sabela Gago, Vicente Montoto, Fernando Dacosta, Xavier Estévez, Josito Porto, Elena Seijo, Nate Borrajo e Jorge Casas.
Esta representación inclúese nas actividades programadas para este mes de febreiro pola Concellaría de...
leer más 09/02/2016
Será no Teatro Pastor Díaz a partir das 20:30 horas. Trátase dunha comedia duns 70 minutos de duración e destinada a un público adulto.
“Descansa en paz” é unha trepidante comedia na que se mostra con moito humor o egoísmo, a mentira e o engano entre irmáns ante a repartición dunha herdanza. Uns seres humanos que amosan o seu lado máis cruel, ante a disputa de bens materiais: “que mamá morra axiña por favor”. Mostra unha situación ben recoñecible polo espectador, pero aínda hai algo que a fai moito máis singular, a herdanza dunha nai que aínda non está morta.
21/01/2016
Será ás 20:30 horas no Cine Teatro. E o prezo da entrada será de 3 euros.
A obra de teatro de Mariñán, de Betanzos, poderase ver en Ribadeo esta fin de semana. “A peza vai de dous cuñados, de Gustavo Adolfo Bécquer, do Bolero de Ravel, dun corte de pelo, das chaves do trasteiro, duns coreanos, dunha piscina en Cuenca, dun embarazo desexado con estrés prenatal, de complexas relacións de familia arredor un bufé marroquí. En definitiva, do que ocorre cando nos poñemos a falar e sacamos todo o que levamos agochado dentro”, sinalan dende a propia formación.
19/01/2016
Este domingo, 24 de xaneiro, haberá teatro no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro. Ás 18 horas o grupo A Rabela, de Baralla, porá en escena a obra “Balbina a adiviña”.
A cita está organizada pola Concellería de Cultura e pola Oficina de Información Xuvenil.
25/11/2015
Teatro Galileo representará en Viveiro un clásico do teatro francés: Cyrano. Será este sábado, 28 de novembro, ás 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz.
Cyrano! É a gran obra do Teatro Clásico francés.
Cyrano! Unha incrible historia de amor
Cyrano! A encarnación do triunfo da beleza moral e da intelixencia fronte a fermosura física e o mundo material.
Cyrano! Un soño por cumprir, unha aventura por vivir.
Baixo a dirección de Pedro Rubín, os intérpretes César Cambeiro (Cyrano), Manuela Varela (Roxana), Ana Santos (Ama), e Xosé María López Baño "Tanas" (Cristian), a versión de Julio Salvatierra, a tradución de Francisco...
leer más