Representación

27/02/2018

O colectivo cultural Ollomao de Barreiros porá en escena a obra Enciclopedia Álvarez. Será este domingo, 4 de marzo, ás 20:00 horas, no Auditorio Municipal Hernán Naval de Ribadeo. O prezo da entrada é de 3 euros.

Dirixida por Ramón Casas Oroza é a historia do día a día de catro nenas e catro nenos sometidos á absurda e ilóxica “des-educación” da escola franquista. Unha historia contada con humor, porque desde o humor é máis agradable exercer a sempre necesaria memoria histórica.

Enciclopedia Álvarez é unha invitación ao sorriso. Un achegamento a esas historias desde os ollos inocentes dos nenos e nenas protagonistas da historia. Nenos e nenas que as lembran desde a súa posición actual de adultos, e baixo o prisma do paso do tempo que todo o suaviza.

 

Etiquetas:
01/02/2018

O grupo de teatro do colectivo cultural Ollomao presenta este sábado, 3 de febreiro, en Foz a obra Enciclopedia Álvarez. Esta representación terá lugar na Sala Bahía ás 20:00 horas, e o prezo da entrada é de 3 euros.

Enciclopedia Álvarez é unha peza teatral que se achega en clave de humor á realidade da escola franquista, tomando o seu título dun dos máis célebres libros de texto deste período, a Enciclopedia Álvarez. A obra ven ser un exercicio de memoria histórica sinalando os aspectos máis regresivos dun modelo educativo destinado a reproducir o corpo de valores e o proxecto social da ditadura. A montaxe non fica no teatro de tese senón que no seu ritmo e estilo achégase á comedia introducindo elementos de contemporaneidade.

A representación, organizada pola asociación cultural A Pomba do Arco, é resultado dun...

leer más
13/12/2017

O Concello de Barreiros programa para o vindeiro domingo, 17 de decembro, unha nova representación teatral.

O grupo Axóuxeres, de Vilaronte, porá en escena Non casei con todos. Trátase dunha obra cómica que reflicte situacións da vida cotiá. A actuación dará comezo ás 18:00 horas e terá lugar no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, en San Cosme de Barreiros.
Esta actividade está organizada pola Concellería de Cultura, a través da Oficina de Información Xuvenil, do Concello de Barreiros.

 

07/12/2017

Pistacatro presenta Outono, no Teatro Pastor Díaz de Viveiro este venres, 8 de decembro, ás 20:30 horas. A actividade ía celebrarse hai unhas semanas, pero quedou posposta para mañá.

Con motivo dos dez anos do nacemento de Pistacatro, esta compañía de novo circo galego da o seu mortal máis arriscado, Outono. Trátase dun novo espectáculo no que reúne aos seus fundadores para celebrar o máis difícil aínda, facerse maior.

Outono  é unha homenaxe aos pallasos clásicos contada a través dunha compañía de clowns en plena crise. Un espello no que se miran os artistas e as súas personaxes, unha carpa caída onde se suceden as estacións. Outono é un espectáculo de teatro-circo con música en directo, que nos conta a viaxe nostálxica de catro artistas ao seu pasado. Unha celebración da amizade e dos fracasos, unha...

leer más
27/11/2017

A representación de Producións Teatrais Excéntricas terá lugar o sábado, 2 de decembro, ás 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz, de Viveiro. 

A historia conta, mais unha vez, a viaxe ao corazón do dragón que se narra en todas as culturas do mundo, e tamén na nosa, a cultura europea. Un príncipe, Verdemar, foxe do reino materno por ter desobedecido o rei, seu pai. No seu camiñar, cheo de experiencias, vai dar ao reino de Micomicón, que está a tremer baixo o alento fétido do Dragón. Como é costume, débenlle entregar a princesa Brancaflor ao monstruo se queren salvar as vidas e as facendas do reino. Mascarado para ocultar a súa identidade, Verdemar mata o Dragón coa espada máxica e desaparece. Un capitán de bandidos, Espandián, topa a cabeza do monstro, e con ela vai reclamar o premio: a man da princesa e a coroa do reino. Ela rexeita o impostor...

leer más
16/11/2017

Este fin de semana haberá outras dúas representacións dentro da primeira edición do certame de teatro afeccionado organizado polo Concello de Lourenzá. Pero nesta ocasión serán venres e sábado.

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, explicou que “debido a que o próximo domingo se celebra en Lourenzá a terceira edición do Vilou Fashion, adiántase ao venres 17 a actuación do grupo local Os Trangalleiros coa obra A taberna de Suso. Será ás 21 horas.

E o sábado 18 ás 20:30 horas tócalle o turno ao grupo de teatro da asociación cultural Juan Manuel Méndez, de La Caridad (El Franco), que porá en escena El picadero de mi abuelo. As representacións teñen lugar no salón de actos do Concello e o prezo das entradas é de 3 euros”.

 

15/11/2017

O grupo teatral O Centiño presenta este sábado, 18 de novembro, na parroquia de Mor en Alfoz, a súa última obra Zume de Amorodios. A representación terá lugar na Casa da Cultura e dará comezo ás 20:00 horas.

Trátase dunha comedia centrada no tema do amor, nas súas diversas idades e manifestacións.

Con esta representación o grupo de teatro O Centiño quere homenaxear a Chiquito de la Calzada a quen, tras o seu falecemento, por parte dalgúns sectores pediuse que se nomeara Conde Mor.

Esta actividade está encadrada dentro do Outono de teatro que cada ano organiza o Concello de Alfoz.

 

13/11/2017

O vindeiro domingo, 19 de novembro, haberá teatro en Barreiros. 

Nesta ocasión o grupo Andanzas, de Viveiro, porá en escena a obra Las entretenidas. Será ás 18:00 horas no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro en San Cosme de Barreiros.

Esta actividade está organizada polo Concello de Barreiros a través da Oficina de Información Xuvenil e da Concellería de Cultura. Colabora o grupo de teatro Andanzas de Viveiro.

 

31/10/2017

Teatro do Atlántico presenta Xuízo a unha lurpia este sábado, 4 de novembro, ás 20:30 horas, en Viveiro. Será no Teatro Pastor Díaz. A obra está protagonizada por María Barcala. 

Baixo a dirección de Xulio Lago, esta obra de Miguel del Arco adaptada por Inma López Silva, atopámonos coa bela Helena de Troia pero no século XXI. Helena é agora unha muller con certos signos que nos falan do implacable paso do tempo aínda que cunha enerxía desbordante transitando, habitando nunha especie de tobogán emocional transitado polos intensos episodios da súa travesía vital. Nesa vida mestúranse a dor da nena violada por Teseo coa dor da esposa obrigada por Menelao, a paixón da amante namorada do fermoso Paris co desafío e o rencor polo seu pai Zeus. Helena diríxese reiteradamente a nós preguntando quen escribe a historia e rexeitando a maneira en que...

leer más
30/10/2017

O vindeiro venres, 3 de novembro, ás 21:00 horas na Casa da Cultura terá lugar a representación da obra O furancho, escrita e dirixida por Santiago Cortegoso e interpretada por Marián Bañobre e Isabel Risco. Está dirixida a público adulto. As entradas, que terán un prezo de 5 euros, xa se poden mercar na Biblioteca Municipal de Burela.

Ibuprofeno Teatro presenta un espectáculo de creación propia, sustentado na interpretación actoral e na escrita dramática, que parte da imetáfora de converter o escenario do teatro nun furancho. Para os habitantes das Rías Baixas é un referente moi claro: un tipo de local ao que todo o mundo foi algunha vez, que é un fenómeno popular nas primaveras, cunha afluencia de público sorprendente, cun ambiente moi peculiar. Conservan aínda, na maioría dos casos, o regusto da tradición, que consiste en servir nas...

leer más