O grupo Chévere presenta "Eroski Paraíso" no Teatro Pastor Díaz, en Viveiro, o 12 de novembro. Alí estarán Miguel de Lira e Patricia de Lorenzo, entre outros.

O grupo Chévere presenta "Eroski Paraíso" no Teatro Pastor Díaz, en Viveiro, o 12 de novembro. Alí estarán Miguel de Lira e Patricia de Lorenzo, entre outros.
 
O Grupo Chévere presenta a obra Eroski Paraíso o sábado, 12 de novembro, no Teatro Pastor Díaz de Viveiro ás 20:30 horas.
 
Eroski Paraíso é a primeira produción de Chévere despois de recibir o Premio Nacional de Teatro. Trátase dun proxecto escénico construído sobre a promesa dun paraíso social feita por un estado de benestar que agora se desmorona. O paraíso prometido era en realidade un hipermercado. Este é o retrato dunha xeración que tivo todo ao alcance da man e andou pola vida como se andase polo corredor dun supermercado, sometida ás mesmas técnicas de márketing que se usan para influír nas decisións de compra dos consumidores.
 
O proceso de traballo de Eroski Paraíso comezou explorando a memoria colectiva e a afectividade dunha pequena comunidade a partir de historias reais recollidas sobre unha sala de festas que se transformou nun supermercado. A sala de festas chamábase Paraíso e no seu lugar agora hai un supermercado Eroski.
 
Baixo a dirección de Xron, o elenco artístico está formado por Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Cristina Iglesias, Luís Martínez e Fidel Vázquez.