A Fundación Eu Son representará en Xove "A morte dun caniche". Será o 7 de xaneiro con entrada libre e gratuíta.

A Fundación Eu Son representará en Xove "A morte dun caniche". Será o 7 de xaneiro con entrada libre e gratuíta.
 
O programa de Nadal do Concello vai ter pasado mañá, sábado 7 de xaneiro,  unha cita moi especial, xa que imos ter a fortuna de recibir ao grupo de teatro da Fundación Eu Son de Burela, integrado nesta ocasión por 11 persoas, que nós van por  en escea a obra “A norte dun caniche”. A función vaise desenvolver no Salón de Actos do Centro Cívico, a partires das 20:00 horas con entrada libre e gratuita para todos os públicos.
 
É a segunda ocasión que o grupo de teatro da Fundación actúa en Xove, xa que tamén estiveron na programación de Nadal de 2014. Dende o Concello aproveitamos para agradecerlle á Fundación Eu Son de Burela esta presencia en Xove, que esperamos sexa do agrado de tódolos asistentes. Lóxicamente, dende o Concello invitamos a todos os xovenses e visitantes a que acudan a esta magnífica representación.