Reis
A Concellería de cultura do Concello de Viveiro convoca aos veciños e ás veciñas co obxectivo de regular a súa participación como ¨figurantes¨na Cabalgata de Reis 2024 , o xoves 5 de xaneiro.
Os criterios de participación regúlanse segundo o que dispoñen os seguintes puntos:
2. Figurantes que irán sentados nas carrozas. Pódense inscribir todos os nenos e nenas que, na data 1 de xaneiro de 2024 teñan unha idade comprendida entre os 6 e os 12 anos. O total de prazas para ir nas carroza é de 40 nenos e nenas
3. Inscrición. O período de inscrición será os días e 26, 27 e 28 de decembro de 9h a 14h.
A folla de inscrición facilitarase no TEATRO PASTOR DÍAZ, ou pódese solicitar tamén por correo electrónico no rbg.cultura@...
leer másComeza o Circuíto +Kms Barreiros 2024 coa xa tradicional Carreira Solidaria de Reis, que se celebrará o día 7 de xaneiro, domingo, e este ano chega con novidades.
Aínda que a maior parte do percorrido se mantén, nesta edición farase no sentido contrario ás anteriores e a zona de saída e meta será nas inmediacións do Centro Sociocultural de San Cosme. Sen dúbida un novo reto para todas e todos, cunha carreira absoluta de 8 quilómetros que combina unha parte rápida de asfalto e un tramo do Camiño do Cantábrico cunhas vistas espectaculares.
Nesta edición a doazón solidaria, a prol da Asociación Saúde Mental A Mariña, será voluntaria e poderá seleccionarse no momento da inscrición.
Tamén chega con novidades a Andaina Solidaria de Reis, con novo percorrido e distancia: será de 9 quilómetros...
leer másRibadeo terá un concerto de Reis o día 13 deste mes de xaneiro, venres, ás 20:45 horas na igrexa parroquial de Santa María do Campo. Actuará a Orquestra de Cámara Galega, que dirixe Rogelio Groba Otero, acompañada da Coral Polifónica de Ribadeo.
Todo está listo en Burela para a tradicional cabalgata de mañá. Os reis percorrerán as rúas da vila en renovadas carrozas. Hoxe foron supervisadas polo alcalde, Alfredo Llano, e por responsables de Ledicia e da Acia local.
O rexedor contou que “estivemos observando esta mañá as carrozas para os Reis Magos, que están xa case rematadas para que desfilen mañá, xoves, por todo Burela practicamente, polo centro e ata o auditorio municipal”.
Para Llano “traballouse ben e fixéronse unhas carrozas moi atractivas para que vaian nelas os Reis e que, ademais de levar os regalos para os rapaces e rapaces, a cabalgata sexa un espectáculo moi vistoso e importante”.
O alcalde animou á veciñanza a saír a gozar da cabalgata: “polo tanto animo a todo o pobo a que vaia a partir das sete da tarde, cando...
leer másSarabela Teatro en coprodución co Centro Dramático Galego presenta a súa obra Asemblea Xeral en Ribadeo este mércores, 4 de xaneiro. Será no Auditorio Municipal Hernán Naval ás 17:30 horas. Os prezos das entradas son: menores de 12 anos, de balde; xeral, 10 euros; e persoas desempregadas, estudantes ou xubiladas, 5 euros. E despois da función de Sarabela Teatro ás 19:00 horas diante do Teatro farase a xuntanza para ir cantar os Reis e pedir o aguinaldo coa asociación Amigos da Gaita.
Ademais para este xoves, 5 de xaneiro, a Asociación de Amigos da Cabalgata ten todo disposto para que as súas maxestades os Reis Magos percorran a vila e saúden ás nenas e nenos. Sairán ás 19:00 horas dende o hospital asilo.
Dentro do amplo Programa de Actividades do Concello para este Nadal, mañá sábado, 4 de xaneiro , celebrarase o día do neno. Haberá:
-XOGOS ACUÁTICOS NA PISCINA MUNICIPAL de 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 19:30 horas. Na Piscina a entrada vaise facer por grupos de idade:
De 11:00 a 12:00 horas de 5 a 8 anos.
De 12:00 a 13:00 horas de 9 a 11 anos
De 13:00 a 14:00 horas de 12 a 15 anos
De 16:30 a 17:30 horas de 12 a 15 anos.
De 17:30 a 18:30 horas de 9 a 11 anos
De 18:30 a 19:30 horas de 5 a 8 anos.
En cada turno hai cabida para 30 nenos/rapaces.
-INCHABLES E XOGOS NO PAVILLÓN MUNICIPAL DE DEPORTES de 16:00 a 20:00 horas. Concretamente, van a disfrutar das seguintes actividades: LA GRANJA, MULTIARCOS, MOTO GP, TOBOGÁN XIGANTE, TOBOGÁN DÍSNEY, BARREDORA,...
leer másA noite de Reis o vindeiro domingo, 5 de xaneiro, o Casino de Mondoñedo acollerá a celebración dunha cea-baile, que está organizada polo Círculo de Recreo de Mondoñedo.
O menú estará composto de: sopa de cocido, salpicón de rape e lagostinos, carrilleras ao viño tinto e roscón de reis. Haberá viño ribeiro e rioja, café e chupito.
A festa dará comezo ás 22:00 horas e estará amenizada polo dúo Epo-K. O prezo para os socios é de 22 euros e para os non socios de 26 euros. A cea estará servida por Chao da Brea.
A venda de tarxetas estase a realizar en O Rincón de Mondoñedo.
En San Ciprián a saída da Cabalgata será ás 17:30 horas do Pavillón da Veiga. Percorrerá as rúas da vila ata chegar ao auditorio da Casa da Cultura. Alí os Reis recibirán a todos/as os/as nenos/as.
E en Cervo a saída da Cabalgata está prevista para as 19:30 horas. Percorrerá as rúas da vila ata chegar ao salón de actos do Concello. Alí recibirán a todos/as os/as nenos/as. A continuación, o grupo de teatro O Bordelo estreará a súa obra "Toluras de proveito".
Dentro do Programa de Nadal deste ano, un dos seus pratos fortes vai ser a CABALGATA DE REIS mañá 5 de xaneiro. Os Reis pensaron “ano novo vida nova” e decidiron este ano estrear carrozas en Xove. Pois ben, os Reis virán este ano nunhas relucientes e espectaculares carrozas ao noso Concello para facer a delicia de grandes e maiores.
Antes do GRAN DESFILE, mañá sábado pasarán, sobre as 18:00 horas, a facer unha visita a tódolos residentes da Residencia San Bartolomé de Xove, levándolles un pouco de ledicia e ilusión aos nosos velliños.
Ás 19:00 horas comezará o GRAN DESFILE onde estrearán as novas carrozas. Sairán os Reis dende as inmedicións do Campo de Fútbol de Xove, continuarán pola rúa Acceso Grupo Escolar para chegar á Avenida Deputación, por donde seguirán un bó tramo ata cruzar á dereita por Doutor...
leer másA ANPA do CEIP Castro do Ouro de Alfoz organiza a Cabalgata de Reis que terá lugar o sábad, 5 de xaneiro, e que sairá da Casa da Cultura ás 15:45 horas.
A comitiva real visitará a vivenda comunitaria ás 15:50 horas, e posteriormente parará na igrexa das Oiras, na igrexa do Pereiro, na capela do Santiago e na escola da Pinguela. Ás 16:45 horas visitará o campo de fútbol, e despois deterase en Reirado ás 17:10 horas, en Vilaude ás 17:20 h., na igrexa de Bacoi ás 17:35 horas, no Trece ás 17:45 h., na igrexa de Carballido ás 17:55 h. e na igrexa de Adelán ás 18:10 h. A cabalgata dos Reis Magos de Oriente visitará ademais o Castelo ás 18:25 horas, parará na Seara ás 18:45 h. e ten prevista a chegada ao pavillón ás 18:55 horas. A organización informa que os horarios previstos son aproximados.
No pavillón municipal, a...
leer más