O Nadal rematará en Xove coa celebración do día dos nenos o 4 de xaneiro e coa Cabalgata de Reis o día 5.

Dentro do amplo Programa de Actividades do Concello para este Nadal, mañá sábado, 4 de xaneiro , celebrarase o día do neno. Haberá:

-XOGOS ACUÁTICOS NA PISCINA MUNICIPAL de 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 19:30 horas. Na Piscina a entrada vaise facer por grupos de idade:
   De 11:00 a 12:00  horas de 5 a 8 anos.
   De 12:00  a 13:00 horas de 9 a 11 anos
   De 13:00  a 14:00 horas de 12 a 15 anos
   De 16:30 a 17:30 horas de 12 a 15 anos.
   De 17:30 a 18:30 horas de 9 a 11 anos
   De 18:30 a 19:30 horas de 5 a 8 anos.
  En cada turno hai cabida para 30 nenos/rapaces.

-INCHABLES E XOGOS NO PAVILLÓN MUNICIPAL DE DEPORTES de 16:00 a 20:00 horas. Concretamente, van a disfrutar das seguintes actividades:  LA GRANJA, MULTIARCOS, MOTO GP, TOBOGÁN XIGANTE, TOBOGÁN DÍSNEY, BARREDORA, GLOBOFLEXIA E MAQULLAXE.

A entrada a todas estas actividades é totalmente libre e gratuita.

E o domingo, 5 de xaneiro, terá lugar a Cabalgata de Reis. Antes os Reis pasarán primeiro, sobre as 18:00 horas, a facer unha visita a todos os residentes da Residencia San Bartolomé, levándolles un pouco de ledicia e ilusión aos maiores. 

Ás 19:00 horas comezará a Cabalgata. Sairán os Reis dende as inmediacións do Campo de Fútbol de Xove, continuarán pola rúa Acceso Grupo Escolar para chegar á Avenida Deputación, por onde seguirán un bo tramo ata cruzar á dereita por Doutor Baamonde Illade, seguindo polo Camiño Real para chegar ao Centro Cívico. É o mesmo recorrido doutros anos.

O tramo da Avenida Deputación por onde vai descorrer o Desfile (entre o Bar Onde Sempre e o Bar Pepe) vai estar cortado para o tráfico en ámbolos dous sentidos mentres dure o Desfile.

Desde o Concello fan un chamamento aos asistentes: “dentro do  Desfile van incluídos cabalos e vehículos de varios tipos. Entón, por razóns de seguridade, dende o Concello de Xove facemos un chamamento a tódolos asistentes, maiores e pequenos, a que colaboren na seguridade do desfille, e lles pedimos a todos que sigan o Desfile dende as beirarrúas,  e que por cuestións de seguridade non invadan a calzada”.

Unha vez que a comitiva chegue ao Centro Cívico, os Reis van estar no Pavillón onde recibirán as peticións dos nenos e posarán con eles.

Unha vez que os Reis marchen para outros lares, continuará a actividade no Pavillón  cunha Gran Festa Infantil a cargo da DISCOTECA MÓBIL DECIBELIOS.