Reis

Etiquetas:
19/12/2017

O Concello e a asociación da comisión das festas patronais asumirán a organización da Rosconada que terá lugar o día 5 de xaneiro, ao remate da Cabalgata de Reis. Na carpa instalada na Praza da Mariña será a cita, e o prezo da ración de roscón coa taza de chocolate de 2 euros. O concelleiro de Cultura, José Díaz, e a presidenta da comisión de festas, Toñi Eijo, fan unha chamada á participación do tecido empresarial burelés para que esta Rosconada sexa un éxito. 

O concelleiro dixo: “queríamos anunciar respecto al roscón de reyes que tradicionalmente desde hace unos años se reparte el día de la Cabalgata, al terminar, en la Praza da Mariña, en la carpa que ponemos últimamente. Esa rosconada estaba organizada por Acia de Burela estos últimos años, pero dado que ahora la directiva está sólo en funciones, de hecho no organizan ya nada,...

leer más
Etiquetas:
30/11/2016
O Mercado de Nadal, unha carreira o día de Noiteboa e a estrea das carrozas da cabalgata de Reis son algunhas das actividades da programación do Concello de Foz para estas festas.
 
A programación do Nadal do Concello de Foz, que foi presentada esta mañá, ofrece varias novidades, como unha carreira o día de Noiteboa ou o estreo das carrozas na Cabalgata de Reis. Tamén haberá concertos, proxeccións de cine, representacións teatrais e Mercado de Nadal, entre outas actividades. Dentro desta programación mañá, xoves, día 1 de decembro, ás 20:30 horas na Casa da Cultura proxectarase a película Teito e Comida. O prezo da entrada é de 3 euros.
 
Na presentación, que correu a cargo do alcalde, Javier Jorge Castiñeira, e a concelleira de Cultura, Silvia Blach Cuesta, o rexedor salientou que “a programación de cultura e de Nadal do Concello de Foz para estas datas é extensa e con diferentes novidades. Estamos moi satisfeitos porque practicamente a todos os días dende o 1 de decembro haberá algún tipo de...
leer más
Etiquetas:
30/12/2014
Barreiros celebrará o vindeiro 5 de xaneiro a súa tradicional Cabalgata dos Reis coa instalación dun nacemento vivente no Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro.

 

O Concello de Barreiros celebrará o vindeiro luns, 5 de xaneiro, a súa tradicional Cabalgata dos Reis. O acto completarase coa instalación dun nacemento vivente que estará aberto ao público a partir das 20:00 horas no Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro. Ata alí achegaranse, a partir das 20:30 horas, as maxestades reais para visitar este nacemento e para deixar os seus agasallos. Dende a Concellería de Cultura e a Oficina Municipal de Información Xuvenil de Barreiros, organizadoras da actividade, así coma dende a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, colaboradora do evento, agradecen a participación dos mozos e voluntarios que fan posible este nacemento e animan a tódolos veciños de Barreiros a acudir a esta tradicional cita.