Dentro do Programa de Nadal deste ano, un dos seus pratos fortes vai ser a CABALGATA DE REIS mañá 5 de xaneiro. Os Reis pensaron “ano novo vida nova” e decidiron este ano estrear carrozas en Xove. Pois ben, os Reis virán este ano nunhas relucientes e espectaculares carrozas ao noso Concello para facer a delicia de grandes e maiores.
Antes do GRAN DESFILE, mañá sábado pasarán, sobre as 18:00 horas, a facer unha visita a tódolos residentes da Residencia San Bartolomé de Xove, levándolles un pouco de ledicia e ilusión aos nosos velliños.
Ás 19:00 horas comezará o GRAN DESFILE onde estrearán as novas carrozas. Sairán os Reis dende as inmedicións do Campo de Fútbol de Xove, continuarán pola rúa Acceso Grupo Escolar para chegar á Avenida Deputación, por donde seguirán un bó tramo ata cruzar á dereita por Doutor Baamonde Illade, seguindo polo Camiño Real para chegar ao Centro Cívico. É o mesmo recorrido doutros anos.
O tramo da Avenida Deputación por onde vai descorrer o Desfile (entre o Bar Onde Sempre e o Bar Pepe) vai estar cortado para o tráfico en ámbolos dous sentidos mentras dure o Desfile.
CHAMAMENTO AOS ASISTENTES. Dentro do Desfile van incluídos cabalos e vehículos de varios tipos. Entón, por razóns de seguridade, dende o Concello de Xove facemos un chamamento a tódolos asistentes, maiores e pequenos, a que colaboren na seguridade do desfille, e lles pedimos a todos que sigan o Desfile dende as aceras, e que por cuestións de seguirdade non invadan a calzada.
Unha vez que a comitiva chegue ao Centro Cívico, os Reis van estar no Pavillón onde recibirán as peticións dos nenos e posarán con eles. Cando os Reis marchen para outros lares, continuará a actividade no Pavillón cunha Gran Festa Infantil a cargo da DISCOTECA MÓBIL DECIBELIOS.