Sarabela Teatro en coprodución co Centro Dramático Galego presenta a súa obra Asemblea Xeral en Ribadeo este mércores, 4 de xaneiro. Será no Auditorio Municipal Hernán Naval ás 17:30 horas. Os prezos das entradas son: menores de 12 anos, de balde; xeral, 10 euros; e persoas desempregadas, estudantes ou xubiladas, 5 euros. E despois da función de Sarabela Teatro ás 19:00 horas diante do Teatro farase a xuntanza para ir cantar os Reis e pedir o aguinaldo coa asociación Amigos da Gaita.
Ademais para este xoves, 5 de xaneiro, a Asociación de Amigos da Cabalgata ten todo disposto para que as súas maxestades os Reis Magos percorran a vila e saúden ás nenas e nenos. Sairán ás 19:00 horas dende o hospital asilo.