Obradoiro
18/12/2016
O Goberno da Deputación ofrece para estas datas 19 obradoiros totalmente gratuítos para persoas de todas as idades nos 4 museos da Rede Museística Provincial de Lugo: Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar, Museo Fortaleza de San Paio de Narla e Museo Pazo de Tor.Dentro da programación de actividades hai obradoiros de panxoliñas, teatro, decoración ou alimentación, entre outros. Estes obradoiros complementan a programación de actividades que ofrece a Deputación co Merca en Lugo polo Nadal no centro da cidade.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
- O 20 de decembro ás 11:00 horas.- Obradoiro: San Paio de Narla volve ao pasado para 60 alumnos da ESO do Colexio Mª Auxiliadora de Lugo.
-...
leer más 05/12/2016
O 7 de decembro terá lugar no Centro Sociocultural de Alfoz, o obradoiro O móbil e o banco de recordos.
Dedicado a persoas maiores de 55 anos, pretende recopilar os seus recordos a través de imaxes. Os participantes deberán aportar unha ou máis fotos antigas que serán dixitalizadas e comentadas para fomentar a sociabilidade e interactividade. Os asistentes farán ese traballo de dixitalización co seu propio móbil e con esas fotografías realizarase un álbum. O obxectivo é que esa memoria dos nosos maiores perdure na rede.
Este obradoiro que dará comezo ás 10:30 horas, está organizado pola TIC da Deputación de Lugo e conta coa colaboración do Concello de Alfoz.
28/11/2016
O obradoiro "O móbil e o banco de recordos" estará en Ourol o 3 de decembro. Esta actividade está organizada pola Fundación TIC da Deputación Provincial de Lugo, que invita a participar ás persoas maiores de 55 anos. Os asistentes deberán levar as súas fotos máis apreciadas para que se lles ensine a dixitalizalas co seu móbil e realizar posteriormente un álbum moi especial.
Os interesados poden anotarse no número de teléfono 982 559019. A Fundación TIC fai un chamamento á participación para que a memoria dos nosos maiores perdure na rede.
Este obradoiro "O móbil e o banco de recordos" terá lugar o 3 de decembro ás 16:00 horas na Casa da Cultura de Ourol.
16/11/2016
A Delegación de Servizos Sociais colabora na organización dun obradoiro titulado O móbil e o banco de recordos, que terá lugar o vindeiro mércores, 23 de novembro. Desenvolverase no Centro de Formación Ocupacional de Burela en horario de 16:00 a 19:00 horas. Este obradoiro está organizado pola Deputación de Lugo coa que colabora o Concello burelés, a través da súa Concellería de Servizos Sociais.
A edil Patricia Otero comentou que “este proxecto sobre a memoria dixital lucense é un banco de recordos audiovisual promovido pola Deputación de Lugo dentro do programa de promoción de autonomía dos maiores da provincia a través das novas tecnoloxías que xestiona a Fundación TIC”.
A responsable de Servizos Sociais en Burela explicou que “o Concello súmase a esta memoria...
leer más 26/10/2016
A Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, presentou este mércores no Refectorio do Museo Provincial de Lugo a programación de actividades totalmente gratuítas para os clubs da Rede, que organiza a Rede Museística nos catro museos da provincia. A Rede Museística Provincial de Lugo conta con 3 clubs para todas as idades; Pequeamig@s, Ei! e Senior, que integran máis de 4.000 persoasde toda a provincia.
García Porto subliñou que “dende a Deputación impulsamos estas actividades totalmente gratuítas, para achegar ao maior número de persoas de toda a provincia, máis de 30 obradoiros nos 4 museos da Rede; o Museo Provincial de Lugo, o Museo Pazo de Tor, o Museo Provincial do Mar, e o Museo Fortaleza San Paio de Narla”.
... leer más 11/10/2016
O vindeiro luns, 17 de outubro, darán comezo os talleres e actividades lúdicas para a terceira idade, que organiza o Concello de Barreiros. Desenvolveranse no centro socio cultural Manuel Díaz Sampedro de luns a xoves de 16 a 18 horas.
Segundo explican desde o departamento de Servizos Sociais “están destinados a maiores de 65 anos, xubilados maiores de 60 ou persoas con discapacidade (que se consideren idóneas para participar na actividade) do Concello de Barreiros. Nestes talleres realizaranse actividades de aprendizaxe e festivas, coas que se pretende favorecer o proceso de envellecemento, dando a coñecer este (as súas causas, consecuencias e recursos dispoñibles para palialo) e potenciando as relacións entre os seus iguais e os veciños de Barreiros”....
leer más 28/09/2016
A Concellería de Xuventude programa para o último trimestre do ano diversas actividades na Casa da Xuventude entre as que figuran obradoiros de retrato debuxado, de radio e de impresión en 3D ademais dunha multiaventura familiar en Silleda. Están destinadas a rapaces con idades comprendidas entre os 12 e os 35 anos. O obxectivo pasa por potenciar a instalación e por converterse nun instrumento válido e positivo para os xoves, segundo José Díaz.
O edil de Xuventude explicou que “queremos que la Casa da Xuventude se convierta en un vehículo de comunicación con los jóvenes, de acercarles, de ayudarles a conocer novedades en todos los aspectos, sociales, laborales, incluso también de ocio, y que sirva como un instrumento válido y positivo para fomentar en ellos vocaciones e incluso el...
leer más 10/09/2016
Do 19 de setembro ao 15 de outubro no Valadouro terá lugar un obradoiro de radio xuvenil. Levarase a cabo na emisora local, na Casa da Cultura e contará con clases teóricas e prácticas.
Está dirixido a persoas con idades entre 12 e 30 anos e as prazas son limitadas. Os interesados poden obter máis información no número de teléfono 982 57 15 16 ou na dirección de correo electrónico omixvaladouro@hotmail.com.
Esta actividade está organizada pola Concellería de Cultura do Concello de O Valadouro.
22/08/2016
O grupo Ourelo organiza un obradoiro de elaboración de conservas os días 5, 6 e 7 de setembro.
Esta actividade desenvolverase en Bravos, Xerdiz e Ourol, sempre e cando se reúna un número suficiente de persoas para celebrar un obradoiro en cada parroquia, en caso contrario realizarase en Ourol. O horario será de 18:00 a 20:00 horas e o prazo de inscrición é ata o 2 de setembro no teléfono 982 55 91 09.
Nestas xornadas de carácter práctico se coñecerán os xeitos máis comúns de elaboración de conservas explicando as técnicas de conservación que mellor se adecúan a cada produto, todo elo de forma práctica. Elaboraranse conservas dos vexetais máis típicos...
leer más 31/07/2016
O Concello de O Valadouro, a través da súa Concellería de Cultura, organiza un obradoiro de teatro para o mes de agosto.
Nesta actividade os asistentes aprenderán cualidades para actuar encima dun escenario, interpretar, locución, escenificación e unha das partes máis importantes do teatro afeccionado que é aprender a improvisar.
O obxectivo é fomentar e difundir o teatro entre os veciños de O Valadouro sendo este concello berce do teatro.
O número de prazas é limitado e para anotarse hai que facelo nas oficinas da Casa da Cultura de O Valadouro ata o martes 2 de agosto...
leer más