En Ourol impartirase do 5 ao 7 de setembro un obradoiro de elaboración de conservas. A inscrición remata o día 2.

En Ourol impartirase do 5 ao 7 de setembro un obradoiro de elaboración de conservas. A inscrición remata o día 2.
 
O grupo Ourelo organiza un obradoiro de elaboración de conservas os días 5, 6 e 7 de setembro.
 
Esta actividade desenvolverase en Bravos, Xerdiz e Ourol, sempre e cando se reúna un número suficiente de persoas para celebrar un obradoiro en cada parroquia, en caso contrario realizarase en Ourol. O horario será de 18:00 a 20:00 horas e o prazo de inscrición é ata o 2 de setembro no teléfono 982 55 91 09.
 
Nestas xornadas de carácter práctico se coñecerán os xeitos máis comúns de elaboración de conservas explicando as técnicas de conservación que mellor se adecúan a cada produto, todo elo de forma práctica. Elaboraranse conservas dos vexetais máis típicos da nosa horta como tomates, pementos, etc…