Obradoiro

Etiquetas:
31/07/2018

A asociación sociocultural Mariña Patrimonio, en colaboración co Concello de Alfoz, organiza un obradoiro de bateo de ouro os días 6 e 14 de agosto.

Esta actividade estará dirixida polo xeólogo Francisco Canosa, recoñecido divulgador da xeoloxía galega, e desenvolverase no río Ouro ao seu paso polo concello de Alfoz.

As inscricións poden facerse no correo electrónico mr.patrimonio@gmail.com

Mariña Patrimonio pretende divulgar a existencia dunha importante minería e industria aurífera nos tempos antigos, da que dan mostra os restos de ourivería castrexa e as minas romanas descubertas e recoñecidas, particularmente na Mariña Central e Oriental.

 

Etiquetas:
19/06/2018

ACISA Ribadeo organiza o vindeiro sábado, día 23, un obradoiro de aprendizaxe sobre o comercio local dirixido a nenos e nenas a partir de 3 anos. A actividade, que será gratuíta e se desenvolverá de 11:30 a 14:00 horas, terá lugar no centro de ocio infantil Con Sentidiño, asociado a ACISA Ribadeo, na rúa Ramón González, 32-baixo.

Segundo explica o presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo, Francisco Iriarte, “o programa Xoga e Aprende con ACISA Ribadeo lévase a cabo co fin de ensinar aos máis pequenos a importancia de mercar no comercio local e as diferenzas que hai cando mercas no teu pobo con outras formas de comprar . Grazas aos profesionais do centro infantil, a actividade será moi dinámica, divertida e dará a oportunidade aos participantes de aprender moito sobre o comercio local”.

... leer más
27/05/2018

O 31 de maio dará comezo un obradoiro de vento madeira, para todos os rapaces e rapazas de ESO e BAC que queiran aprender e desfruten desa actividade. Terán a oportunidade de poder utilizar o instrumental do que dispón a Escola de Música e participar dos obradoiros ofertados de balde. 

O vindeiro xoves, 31 de maio, de cinco a seis da tarde será o primeiro encontro deste obradoiro no local da Escola Municipal de Música. Os alumnos interesados serán organizados en distintos grupos ao longo da tarde, no horario que mellor de axuste ás súas necesidades. 

O obradoiro é gratuíto e celebrarase todos os xoves ata o 28 de xuño. 

14/05/2018

A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, presentou este luns, na Praza de San Marcos, as actividades promovidas polo Goberno da Deputación para homenaxear a escritora, María Victoria Moreno,  á que se lle adica este ano o Día das Letras Galegas.García Porto avanzou as iniciativas que comezan hoxe na Praza da San Marcos, e que inclúen un taller de serigrafía para todos os públicos, un concerto da Tradaescola coa Escola Municipal de Betanzos, ademais da continuación dos traballos didácticos nos que participan 7.000 escolares de 45 centros escolares da provincia.Paralelamente, na Rede Museística da Deputación, celebrarase a Semana dos Museos, con 6 obradoiros para os máis pequenos da familia e tamén para adultos.

A Deputada reivindicou o papel de María Victoria a prol do idioma e remarcou que “é a cuarta muller á que se lle dedica o Día das...

leer más
Etiquetas:
04/05/2018

Tá en Artes organiza un ano máis, coincidindo coa celebración da Semana das Artes na Mariña, un obradoiro de escultura en Foz que terá lugar o sábado, 5 de maio.

A actividade está dirixido a nenos e rapaces de todas as idades, e seguindo coa homenaxe a Puchades, a temática este ano vai ser a escultura.

Este obradoiro terá lugar na Avenida da Mariña, na parada de taxis, a partir das 12:00 horas. Os organizadores pretenden que os traballos que resulten queden expostos na rúa para darlle vida e ser un atractivo máis.

A Asociación de Comerciantes de Foz e Centro Comercial Aberto colabora coa actividade que supón tamén unha dinamización da rúa no ámbito comercial.

Para participar neste taller hai que anotarse no correo ...

leer más
Etiquetas:
06/04/2018

A edil de Cultura e Educación, Dolores García Caramés, anunciou que este vindeiro domingo, 8 de abril, terá lugar un obradoiro para conmemorar o Día do Libro Infantil e Xuvenil.

Caramés explicou que está dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 6 anos, e que se desenvolverá desde as 17:30 horas na biblioteca da Casa da Cultura, en San Ciprián.

Etiquetas:
10/01/2018

A Concellería de Medio Ambiente organiza un Obradoiro de Conservas que terá lugar 24 de xaneiro de 16:30 a 19:30 horas  na praza de abastos.  

Segundo explica Noelia Mª Ben “trátase dun obradoiro de iniciación á elaboración de conservas, marmeladas e licores caseiros. O obxectivo é coñecer o xeito correcto e seguro de conservar e preparar os excedentes da horta, así como os produtos tradicionais e de tempada, por medio de distintos sistemas de preservación. Ademais de valorar as numerosas vantaxes da elaboración das conservas, marmelos e licores dun xeito doméstico e caseiro, dende o punto de vista ecolóxico, económico e produtivo da nosa horta, bosque, mar e xardín”.

A edil burelesa subliña que “o obradoiro é totalmente gratuíto para os participantes, ten un número de prazas limitadas, e para inscribirse hai que...

leer más
Etiquetas:
30/10/2017

A Delegación de Medio Ambiente organiza un obradoiro de papel feito a man a partires de fibra de palla, liño e millo de alta calidade. Será os días 18 e 19 de novembro na praza de abastos. A asistencia é gratuíta. 

Desde a Concellería de Medio Ambiente explican que “a partires do desenrolo deste taller procederase á fabricación de follas de papel a partir de fibras naturais coa impronta persoal de cada participante 100% ecofriendly”. 

E engaden que “este obradoiro de papel feito a man terá lugar os días 18 e 19 de novembro na praza de abastos de Burela. Terá unha duración de 6 horas. O sábado desenvolverase de 16:30 a 20:30 horas, e o domingo de 12 a 14 horas. Será necesario inscribirse previamente na Oficina De Medio Ambiente ou por teléfono no 982 58 08 67. Cristina Fernández Sáinz de la Maza impartirá dito...

leer más
23/10/2017

O Goberno da Deputación ofrece este sábado, obradoiros gratuítos e para todas as idades, nos 4 museos da provincia, con motivo do Samaín. Así o informou este luns a Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto. As actividades terán lugar no Museo Provincial de Lugo, no Museo Fortaleza de San Paio de Narla en Friol, no Museo Provincial do Mar en Cervo, e no Museo Pazo de Tor en Monforte de Lemos. Os interesados en participar nestes obradoiros poden inscribirse nos museos onde se realizan as actividades.

As 4 actividades gratuítas que ofrece o Goberno da Deputación este sábado nos 4 museos da Rede Museística Provincial son:

- No Museo Provincial de Lugo, de 11:00 a 13:00 horas, terá lugar o obradoiro Samaín no museo. Está dirixido a nenos de entre 8 e 12 anos e conta con 15 prazas. Os participantes...

leer más
Etiquetas:
20/10/2017

Biotecnólogos na Biblioteca será o obradoiro que Efervesciencia impartirá na Biblioteca Municipal de Ourol, este sábado, 21 de outubro, a partires das 12:00 horas.

Dirixido a rapaces/as de 6 a 12 anos mostrará, a través de experimentos curiosos e sinxelos, a parte máis divertida da ciencia coa que os asistentes aprenderán o que é a biotecnoloxía.

A inscrición é ata o día 20 de outubro e pode facerse no teléfono 982 55 90 19 ou entregando a documentación na Casa da Cultura.