Nadal
A Sociedade Cultural Ledicia remata a súa programación de Nadal coa Cabalgata de Reis que se celebrará o día 5 de xaneiro.
A comitiva partirá ás sete da tarde da rúa do Ril, pasando por Arcadio Pardiñas, Eijo Garay, Rosalía de Castro, Curros Enríquez e Pardo Bazán. Rematará o percorrido cunha visita ao belén vivinte, instalado na praza da Mariña, onde as súas Maxestades recollerán os encargos de nen@s e maiores. Previamente visitarán a Residencia de Maiores e a zona infantil do Hospital da Costa e á chegada dos Reis á praza haberá unha rosconada organizada por CCA Burela, na que haberá premios e sorteos.
A Cabalgata está organizada por Ledicia co patrocinio do Concello de Burela e a colaboración de Sala-5, que engadirá unha novidade ao tradicional desfile.
RibaXogo, o centro de ocio infantil e xuvenil, instalado nunha carpa no parque de San Francisco, abrirá tamén o vindeiro luns, día de Reis, de 17 a 21 horas.
O concelleiro de Desenvolvemento Local, Comercio e Turismo, Pablo Vizoso, lembra que “prolongamos un día máis RibaXogo, porque o 21 de decembro, xornada na que ía abrir as súas portas non puido ser por mor do forte temporal que lle afectou a esta zona. O centro de ocio infantil e xuvenil, que organizou o Concello coa colaboración de Acisa, botou a andar o día 22 e entón alongamos ata o 6 de xaneiro a súa presenza en Ribadeo”.
Vizoso agarda que “esta vindeira fin de semana, na que milleiros de persoas de botarán ás rúas para ver aos Reis Magos, se acheguen tamén antes e despois da Cabalgata a RibaXogo para divertirse coas atraccións que alí temos instaladas e...
leer másA programación de Nadal do Concello de Viveiro continuará o vindeiro xoves, 2 de xaneiro, co espectáculo para o público infantil Burbuja. Será a partir das 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz. As prazas son limitadas e os prezos das entradas de 3 e 5 euros.
O venres, 3 de xaneiro, ás 18:00 horas no Pastor Díaz Teatro Marionetas Trécola presentará O agasallo de Anya. A entrada será de balde ata completar aforo e conta coa colaboración da Deputación de Lugo, Vicepresidencia e Cultura.
O sábado, 4 de xaneiro, ás 20:30 horas tamén no Pastor Díaz, Láfayette Company presentará Le Cirque, para o público infantil, con prazas limitadas e o prezo das entradas de 3 e 5 euros.
O domingo, 5 de xaneiro, ás 18:00 horas sairá a Cabalgata de Reis que percorrerá Celeiro, Covas e Viveiro. Ao remate terá lugar...
leer másA Coral Polifónica de Barreiros organiza o Concerto de Nadal que se celebrará este domingo, 29 de decembro. Terá lugar no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, ás 18:00 horas.
Actuarán a Coral Eo de Vegadeo, a Coral Lunch de Lugo e a Coral Polifónica de Barreiros.
O Concello de Barreiros colabora coa organización deste concerto.
O martes 31 ás 12:00 horas, na avenida da Mariña, o Grupo de Jazz da Escola de Música de Foz ofrecerá un concerto de panxoliñas.
O xoves, 2 de xaneiro, ás 18:30 horas, na Sala Bahía, a compañía Cayetano Lledó presentará o espectáculo de teatro e maxia para todos os públicos, Sherlock Holmes. O prezo da entrada será de 1´5 euros para os nen@s e 2´5€ para os adultos.
O venres, 3 de xaneiro, no colexio Martínez Otero, haberá unha gala de patinaxe.
O domingo, 5 de xaneiro, ás 18:30 horas, comezará a Cabalgata de Reis que sairá da praia da Rapadoira e percorrerá as rúas da vila para rematar no belén vivinte do Concello. Os Reis recibirán aos nenos e nenas na Sala Bahía, onde haberá inchables, chocolate con churros e roscón de Reis.
Para poder facer o percorrido cos...
leer másOs alumnos e alumnas do CEIP Gregorio Sanz de Ribadeo de 6º de primaria, trasladáronlle a ACISA Ribadeo varios vídeos e audios nos que agradecen a colaboración do comercio local asociado coa elaboración dunha cesta especial de Nadal para recadar fondos para a súa excursión e ademais neles subliñan a importancia do comercio da nosa vila.
O presidente de ACISA Francisco Iriarte dixo: “estamos moi contentos de que os nen@s tan xoves de Ribadeo sexan conscientes da importancia que ten o comercio local, das súas vantaxes, e de que prefiran mercar na vila que por internet. E por suposto quero agradecerlles este traballo audiovisual, xa que creo que nós non puidéramos ter deseñado unha campaña de concienciación mellor que esta”.
O xerente de ACISA Ribadeo, Jesús Pérez indicou: “temos que destacar que foi unha iniciativa...
leer másO Concello de Cervo felicita aos veciños do municipio co tradicional calendario de Nadal que foi presentado no día de hoxe no edificio municipal por parte do equipo de Goberno.
En total editáronse 2.200 exemplares que xa se están a repartir fogar por fogar.
Tal e como explicou o rexedor “este calendario é xa é un clásico do Concello de Cervo por estas datas, e cremos que é unha ferramenta moi útil para os nosos veciños porque recolle todas as datas importantes que terán lugar ao longo de todo o ano en Cervo, e tamén as festividades e días importantes que se conmemoran e celebran a nivel nacional; ademais da táboa de mareas e os teléfonos de interese do noso Concello”.
Toda esa información vai incluída nun deseño moi especial e moi noso, xa que cada mes vén ilustrado cunha fotografía de grupos de amigos,...
leer másTodo está listo para a apertura de RibaXogo no parque de San Francisco. Este centro de ocio infantil e xuvenil abrirá as súas portas mañá, día 21, a partires das 12 do mediodía. Esta mañá estiveron supervisando as atraccións que están dentro e fora da carpa o alcalde, Fernando Suárez, o concelleiro de Turismo e Comercio, Pablo Vizoso, e o presidente de Acisa, Francisco Iriarte.
Vizoso dixo que “todo está preparado en RibaXogo para recibir á xente que nos pode visitar para desfrutar deste espazo de ocio para xs máis pequenxs e tamén para xs adolescentes. Trátase dunha oferta coa que o Concello asume un esforzo económico moi importante en colaboración con Acisa”.
O concelleiro de Turismo e Comercio subliñou que “o que pretendemos é atraer xente ao comercio de Ribadeo nestas datas de Nadal e animar tamén o ambiente...
leer másO programa de actos do Nadal en Xove vai comezar coa chegada de Papá Noel, este sábado, día 21, quen, despois de visitar a Residencia da 3ª Idade, vai estar ás 19:00 horas no Pavillón Municipal, onde vai recibir a tódolos nenos.
De seguido tódolos nenos disfrutarán dunha Festa con dinamización musical a cargo da emprega IG10.
Dado que o tempo está invernoso, nada mellor que unha chocolatada. Pois ben, poderemos disfrutar dunha chocolatada gratuita ata agotar existencias.
E o domingo, día 22, haberá teatro infantil. O grupo de teatro infantil ADALA de Fazouro vai a representar a obra “QUE COUSAS PASAN NO CAMIÑO!”. A función vaise desenvolver ás 19:00 horas no Salón de Actos do Centro Cívico.
Sinopse: Esta é unha obriña que trata sobre o amor verdadeiro. Un...
leer másSeguen as actividades de Nadal organizadas por Acisa. O domingo, 22 de decembro, Papá Noel estará en Ribadeo e o día 26 haberá teatro en inglés para os/as máis pequenos/as.
Acisa iniciaba o Nadal coa inauguración da árbore de luces instalada na praciña de San Roque. A programación de Nadal continúa coa visita de Papa Noel o 22 de decembro. Estará na carpa instalada no parque de San Francisco, de 12:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas.
Ademais o 26 de decembro ás 18:00 horas no Cine Teatro de Ribadeo haberá Storytime, teatro en inglés para nenos e nenas, a cargo da academia asociada Kids&Us, “nunha aposta por entreter e divertir aos máis pequenos nunhas datas tan especiais para eles”, apuntan desde a xerencia de Acisa.
E o 4 de xaneiro Ribadeo recibirá a visita dun Carteiro...
leer más