Nadal
01/11/2016
O Concello ven de convocar o I Certame Literario de Contos de Nadal de relato curto. Os traballos poden presentarse ata o 20 de decembro e haberá dous premios dotados de 300 euros e 150 euros e diploma en ambos casos.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, anunciou que “desde el Concello de Burela, desde la Delegación de Cultura, convocamos el I Certamen Literario de Contos de Nadal. Es algo que ya el año pasado intentamos que se hiciera, pero por temas de tiempo y de agenda porque se mezclaba todo, muchas festividades y muchos eventos culturales, al final no salió, pero este año sí que lo va a haber”.
O edil socialista engadiu que “era algo que además estaba en nuestro programa de Cultura, llevábamos la celebración de certámenes...
leer más 29/12/2015
Baixo o título “Lírica de Nadal” celebrarase este mércores, 30 de decembro, no Teatro Pastor Díaz de Viveiro a partir das 21.00 horas o tradicional Concerto de Nadal, a cargo da Banda Municipal de Música O Landro de Viveiro.
No concerto deleitarán ao público cun amplo abanico de pezas musicais de varios estilos e, así mesmo, participarán acompañando á formación musical os coros do Colexio Pedrosa Latas de Celeiro e o Coro de Educandos da propia banda.
A entrada é gratuíta; pero, dado que o aforo é limitado, estará aberta o público a taquilla do propio teatro unha hora antes do comenzo do concerto, dende as 20.00 horas e só se poderán recoller catro...
leer más 16/12/2015
A programación de Nadal no municipio de Cervo inclúe 23 actividades, que se desenvolverán dende onte, martes, ata o 5 de xaneiro. Foron presentadas polos concelleiros Dolores García Caramés, Manuela Méndez Álvarez, José Ramón Soto Martínez e Plácido Pérez Otero.
Dende hoxe, martes, ata o vindeiro luns, día 21, farase en diferentes puntos do municipio unha campaña de recollida de xoguetes para destinar a familias con escasos recursos. Nesta iniciativa colaboran o Concello de Cervo, a asociación Arroutados e a Cruz Vermella.
O 19 de decembro ás 17 horas no pavillón da Veiga, en san Ciprián, haberá un campionato de kárate, concretamente da especialidade de katas nihon taijitsu, organizado pola Federación Galega de Kárate. Ese mesmo día...
leer más 16/12/2015
A programación das actividades organizadas polo Concello de Lourenzá para este Nadal arranca este venres, día 18, ás 15:20 horas cunha actuación de Títeres Cascanueces no colexio público Juan Rey.
Xa partir da vindeira semana bota a andar a Escola de Nadal impartida por persoal do Ximnasio Municipal con actividades dirixidas aos máis novos. O día 23 de decembro Papá Noel visitará as instalacións do centro de día, do Punto de Atención a Infancia e arredor das seis da tarde recibirá na portería da Casa do Concello a todos os nenos cunhas lambetadas. A continuación proxectarase un filme dirixido ao público infantil.
O domingo, 27 de decembro, ás 18:00...
leer más 15/12/2015
A xira de Nadal deste 2015 de Os Bolechas arrincará o vindeiro 26 de decembro en Viveiro. Ata alí se desprazará o camión de Os Bolechas, que estará situado nos xardíns Noriega Varela, fronte á porta de Carlos V, desde as doce da mañá ata as sete da tarde. O acceso ao camión será gratuíto.
Os Bolechas volverán á Mariña en xaneiro.
13/12/2015
O Centro de Innovación Social InLugo, que xestiona a Fundación TIC, pecha o último trimestre de 2015 cun amplo programa destinado aos lucenses de máis de 55 anos.Inclúe obradoiros en diversos puntos da provincia sobre nutrición e o uso domóbil e a tabletna vida cotiá, así como actividades relacionadas con estas festas, que culminarán o 22 de decembro coa xornada Nadal: Sons e Recordos, aberta ao público na sede do InLugo.
O programa, que arranca este luns 14 de decembro,tamén inclúe oobradoiro–concursode fotografía dixital “O Apalpador TIC” e unha exposición das instantáneas feitas polos maiores participantes.
O InLugo, máis cerca
... leer más 08/12/2015
O Concello de Riotorto, xunto coa empresa de servizos Gamesport, organizan o Campamento de Nadal 2015, unha iniciativa chea de actividades de ocio para cativos de entre 5 a 16 anos. Levarase a cabo polas mañás, entre as 10 e as 14 horas, os días 21, 22, 23, 24, 28, 29, 30 e 31 decembro e o 4 e 5 de xaneiro de 2016.
O campamento inclúe un variado programa de lecer, como unha excursión a Xuvenlugo, xogos, unha visita á pista de xeo de Ribadeo, manualidades e outras sorpresas. Para inscribirse hai que dirixirse á Casa do Concello de Riotorto ou chamar ao teléfono 982 34 62 22 ata o 16 de decembro. O prezo é de 30 euros.
06/12/2015
O Goberno local do Concello de Mondoñedo colabora coa Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Mondoñedo (ACIAM) na organización do Gran Mercado de Nadal 2015, que terá lugar o sábado 19 e o domingo día 20 de decembro, así como nas demais actividades promovidas por estas datas.
Outras actividades
O venres día 18 o auditorio municipal acollerá o concerto de Nadal ás 20:30 horas a cargo da Escola Municipal de Música Un mundo do Nadal.
O sábado día 19 desde as 16:00 horas e ata as 20:00 horas o auditorio municipal acolle un taller de postais de Nadal e xogos infantís para os máis pequenos. O domingo día 20 ás 19:00 horas haberá teatro no auditorio municipal a cargo do Grupo Trípode...
leer más 06/12/2015
O programa de Nadal, do Concello de Xove, que foi presentado polo alcalde e polas concelleiras de Cultura e Turismo inclúe infinidade de actividades desde o 12 de decembro ata o 6 de xaneiro.
Haberá obradoiros, visitas de Papá Noel polas parroquias, a inauguración do belén municipal o 19 de decembro no parque de Xove, a presentación do vídeo promocional do Concello “Xove emociona”. A programación tamén ofrece cine, música, teatro, espectáculos para os máis pequenos, o V Concurso de Karaoke previsto para o día 26, a celebración do Día do Neno o 4 de xaneiro e a Cabalgata de Reis do día 5.
O Concello ten en marcha as campañas solidarias “Un xoguete, un sorriso”, que recollerá xoguetes na Omix ata o 14 de decembro e “Tapóns para unha...
leer más 04/12/2015
A Casa do Concello, en Cervo, e a Casa da Cultura, en San Ciprián, expoñerán os beléns de plastilina que farán nenos e nenas o vindeiro luns, día 7. Ademais os días 21, 22, 23, 28, 29 e 30 deste mes haberá as actividades denominadas Enredos de Nadal.
A concelleira de Cultura e Educación, Dolores García Caramés, anunciou hoxe que “o Concello de Cervo estrea as actividades de Nadal cos tradicionais beléns de plastilina que serán elaborados este vindeiro luns, 7 de decembro, polos nenos e nenas en San Ciprián en horario de mañá, a partir das 11:30 horas, e en Cervo en horario de tarde, a partir das 17:00 horas. Estarán expostos na Casa do Concello e na Casa de Cultura durante estas datas. Estes peculiares nacementos elaborados con masa plástica son unha das actividades...
leer más