Nadal

Etiquetas:
10/11/2021

Con motivo da festividade do Nadal o Concello de Mondoñedo, a través da Concellería de Cultura, organiza a quinta edición do Concurso de Decoración de Nadal que abrangue decoracións en fachadas, balcóns, portais, xardíns, escaparates, etcétera, así como a instalación de árbores de Nadal. 

O Concello de Mondoñedo explica: “convócase en modalidade individual e colectiva, como se establece nas bases; está aberto a toda a veciñanza con residencia no municipio de Mondoñedo e ten como obxectivo incentivar a decoración de Nadal nas vivendas e no comercio local e, con iso, colaborar a difundir o ambiente de Nadal polas nosas rúas, dando protagonismo aos cidadáns, promovendo a súa participación activa para acadar entre tod@s un conxunto de Nadal integrado no noso casco histórico e en todo o municipio”.

As inscricións poden...

leer más
Etiquetas:
02/11/2021

A Biblioteca Municipal de Burela convoca o Certame de Postais de Nadal 2021 para o que xa está aberto o prazo de presentación de traballos, que rematará o 14 de decembro.

Poderán participar tódolos nenos e nenas do concello en idade escolar, o tema é o Nadal, a técnica libre e o tamaño aproximado das postais de 15x21 cms pechada e 30x21 cms aberta. Establécense tres premios por cada unha das categorías: Educación Infantil, de 1º e 2º de Primaria, de 3º e 4º de Primaria e de 5º e 6º tamén de Primaria.

Os traballos enviaranse, sen asinar, acompañados dun sobre pechado dentro do que figurarán os datos do autor ou autora como teléfono, centro de estudo, curso e idade. O prazo de entrega das postais rematará o vindeiro 14 de decembro ás 20:00 horas e os traballos terán que presentarse no andar baixo da Biblioteca...

leer más
Etiquetas:
14/10/2021

Ata o 1 de novembro está aberto o prazo de inscrición para participar no XVI Mercado de Nadal de Ribadeo, que se celebrará do 3 ao 8 de decembro. 

O concelleiro de Desenvolvemento Local, Comercio e Turismo, Pablo Vizoso, dixo que “un ano máis o Mercado de Nadal aporta por ser un espazo de oportunidade para as persoas e profesionais relacionadas coa artesanía, o deseño e a creación e tamén coas persoas produtoras, dando visibilidade ao seu traballo e ao talento creativo e innovador. Está especialmente dirixido a persoas produtoras e creadoras da zona”. 

O edil ribadense explicou que “o prazo de inscrición está aberto ata o día 1 de novembro. Establécense varias categorías: persoas artesás, é dicir con capacidade para exhibir e vender pezas que sexan producidas de forma artesanal e de autoría propia; produtos de...

leer más
Etiquetas:
02/03/2021

AciaFozCCA fixo entrega dos premios aos gañadores do Concurso de Escaparates de Nadal. Xunto ao presidente, José Carlos Paleo, estiveron o alcalde, Fran Cajoto, e a secretaria de AciaFozCCA, Olaya Pedrosa. 

O primeiro premio foi para Xanela, o segundo para Electricidad Núñez e o terceiro para Ofifoz. E Lourdes Moda Íntima obtivo unha mención especial. Todos recibiron un diploma e un detalle. 

O Concurso de Escaparates de Nadal desenvolveuse do 15 de decembro ao 6 de xaneiro. Foi un xurado o encargado de elixir aos gañadores desta edición. 

 

Etiquetas:
07/01/2021

Siñeiro Hogar, na categoría de empresas, e Diana Nana Quintana Villamil, na de domicilios particulares, gañaron o concurso Ilumina o Nadal convocado por Acisa co obxectivo de encher de luz e cor Ribadeo durante as pasadas festas navideñas. 
Diana Nana Quintana recibiu 271 votos no facebook e Siñeiro Hogar 112. Cada unha das premiadas recibirá 200 euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados a Acisa Ribadeo. Ata o 22 de xaneiro poden pasarse pola oficina da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos para recoller os seus agasallos. 

En total foron 18 os participantes no Ilumina o Nadal, 8 na categoría de domicilios particulares e 10 no de empresas, e mais de 1.000 os votos emitidos nesta convocatoria que recibiu miles de visitas. 

Desde Acisa o seu presidente,...

leer más
Etiquetas:
05/01/2021

O salón de actos da Casa da Cultura do Valadouro acollerá este sábado, 9 de xaneiro, ás 19:00 horas a actuación do mago David Méndez. 

Esta actividade está incluída no programa cultural de Nadal organizado pola Deputación de Lugo.

O salón de actos ten limitado o aforo conforme ás normativas para facer fronte á pandemia do COVID-19 e pódese reservar a entrada chamando ao 982.57.15.16.

 

Etiquetas:
23/12/2020

A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá este ano o seu tradicional concerto Aquí como en Viena en dúas sesións, este sábado 26 e o domingo 27, ás 20:30 horas, no auditorio Hernán Naval. As dúas actuacións serán con aforo reducido debido ás restricións sanitarias en vigor. O primeiro dos concertos será só para familiares dos músicos e o segundo para o público en xeral e retransmitirase a través de facebook.

O director da Banda, David Ballester, explica que “a Banda Municipal de Música de Ribadeo vai facer o seu tradicional Aquí como en Viena, pero vai ser diferente pola situación que estamos a vivir e que condiciona a realización do concerto. Dende a asociación Amadores da Música e dende o Concello pensamos que a mellor opción é dividir o concerto en dúas sesións, co cal este ano imos levar a cabo o sábado 26 de decembro ás 20:30...

leer más
Etiquetas:
20/12/2020

Presentado o programa DIVERFOZ para estas datas de Nadal, a cargo da concelleira de Xuventude e Deportes, Gema Méndez Leivas.

Desde este departamento sinalaron que “levamos meses cunha situación epidemiolóxica que provoca que non poidamos realizar algunhas das actividades habituais, pero desde a Delegación de Xuventude e Deporte non renunciamos a ofertar programas como Aberto x Vacacións ou as Escolas Deportivas Municipais. A organización e desenvolvemento destas actividades supón un esforzo e responsabilidade maior, pero cremos que o deporte, así como o desenvolvemento persoal e social na infancia e na mocidade, é esencial para o presente, pero tamén para o seu futuro. Por este motivo, a pesar da complexa situación, continuamos co reto de ofrecer actividades que agardamos sexan atractivas e nas que poñemos moita ilusión”.

... leer más
Etiquetas:
20/12/2020

O Concello de Mondoñedo e a asociación de comerciantes presentaron este sábado o vídeo de promoción do comercio local #regalamondoñedo, con motivo da campaña de Nadal. Esta peza audiovisual creada para a súa difusión a través das redes sociais pretende potenciar o comercio de proximidade durante estas datas e contribuír a “concienciar de que se merque preto”.

O Concello apoia esta campaña e convida aos veciños e visitantes a mercar durante este Nadal nos comercios de Mondoñedo e consumir produtos de Mondoñedo. Insisten, dende o goberno local, “na importancia de coidar o noso, especialmente nun momento complicado coma o actual” debido á pandemia do coronavirus que afectou a todos en xeral e aos pequenos negocios, o comercio e a hostalería local en particular.

Por iso, “máis ca nunca, debemos apoiar aos nosos...

leer más
Etiquetas:
18/12/2020

A Área de Desenvolvemento Local do Concello de Ribadeo organiza o Mercadiño de Nadal que dará comezo mañá, 19 de decembro, na contorna da praza de abastos. Conta con 14 postos nos que se poderán atopar produtos de alimentación, artesanía, decoración de Nadal ou cerámica, entre outros. Estará aberto ata o 5 de xaneiro e haberá un amplo programa de actuacións musicais, teatrais e de maxia durante estas datas.

O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, contou que “o Concello de Ribadeo, a través da Área de Economía, Desenvolvemento Local e Turismo, desenvolverá este ano por primeira vez o Mercadiño do Nadal facéndoo cadrar coas datas propias desta época. Nesta ocasión, e dadas as circunstancias sanitarias, optamos por celebrar un Mercadiño do Nadal máis reducido, aínda que máis estendido no tempo, dende o 19 de decembro ata o 5 de...

leer más