Nadal
Ribadeo acollerá este Nadal un centro de ocio infantil e xuvenil desde o día 21 deste mes ata o 5 de xaneiro nunha carpa de grandes dimensións instalada na Praza de España. Aquelas persoas que fagan as súas compras ou consumicións nos locais asociados a Acisa obterán descontos do 50% nos prezos das entradas. RibaXogo foi presentado no salón de plenos do Concello.
O concelleiro de Comercio e Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, subliñou que “esta iniciativa, denominada RibaXogo, chega a Ribadeo para desfrutar do Nadal e tamén par animar as vendas e dinamizar o comercio local, precisamente nestes momentos de maior actividade e como un gran atractivo do comercio local”. RibaXogo está organizado polo Concello ribadense coa colaboración de Acisa.
Vizoso dixo que “en RibaXogo haberá numerosas atraccións para nen@s e...
leer másO Concello de Barreiros presenta un programa de actividades de Nadal que se prolongarán ata o día 12 de xaneiro.
Este venres, 13 de decembro, ás 21:00 horas, no centro sociocultural, terá lugar unha proxección do ciclo Seráns de Cine co filme Trote de Xacio Baño. Está organizado polo colectivo cultural Ollomao.
O sábado 14 haberá unha recollida solidaria de alimentos non perecedoiros, no pavillón municipal. Ademais celebraranse partidos de fútbol sala Praias de Barreiros entre: Ben. A-Santiago de Foz B; Benx. B-Celeiro CDM; Alevín-Celeiro CDM B; Infantil-Celeiro CDM; Cadete-San Ciprián; Senior Masc.-ADFS Bueu; e Senior Fem.-CD Burela FSF.
O domingo 15 disputarase o encontro de 2ª Rexional que enfrontará a Iberia e Meira, en As Valgas (San Miguel).
O mércores 18...
leer másDentro do Programa de Nadal deste ano, un dos seus pratos fortes vai ser o CONCURSO DE KARAOKE, que este ano celebra a súa IX edición o SÁBADO, 28 DE DECEMBRO.
Este Concurso presenta tres categorías: PEQUES para menores de 12 anos; IUNIOR de 12 anos ou máis e menores de 18; VETERANOS para maiores de 18 anos. As BASES, FICHA DE INSCRICIÓN e a RELACIÓN DE CANCIÓNS para participar pódense consultar nas Oficinas Xerais do Concello, no Departamento de Cultura e na Web do Concello. Tamén podemos enviar toda esta documentación por email (Bases, Ficha de Inscrición e Relación de Cancións), se así nolo solicitan.
A inscrición neste Concurso é de carácter totalmente gratuita. Pois ben, a inscrición xa está aberta. A mesma pódese facer de varias maneiras, ben presencialemente nas oficinas do Concello, máis concretamente na...
leer másO Centro Comercial Aberto de Foz organiza o I Concurso de Decoración Nadal no Fogar. Na cita poderá participar calquera persoa que o desexe enviando foto do seu recuncho de Nadal.
Segundo explican desde o CCA “para decorar os fogares poderanse empregar todo tipo de materiais e detalles. E algún deles tería que se adquirido nos establecementos asociados a Acia/CCA. As persoas que se inscriban para participar neste concurso deberán detallar en qué tenda fixeron esas compras decorativas”.
As persoas interesadas en participar no I Concurso de Decoración Nadal no Fogar teñen ata as dúas da tarde do vindeiro 18 de decembro para inscribirse no seguinte correo electrónico: aciafoz@gmail.com
O 20 de decembro publicaranse todas as imaxes recibidas no...
leer másEsta fin de semana, os días 14 e 15 de decembro, celébrase en Burela o X Mercado de Nadal, que organizan unha ducia de asociacións da localidade coa colaboración do Concello. O obxectivo é recadar fondos para estes colectivos. Haberá postos de libros, antigüidades, etc… O concelleiro de Cultura, José Díaz, fai unha chamada á solidariedade.
O edil anuncia que “este fin de semana temos o rastrillo solidario do Nadal, que é a décima edición. Participan varias asociacións de Burela que poñen produtos na praza de abastos, de todo tipo de cousas, obxectos, libros, antigüidades, roupa, un pouco de todo, e todas as ventas son en beneficio de cada unha das asociacións”.
José Díaz sinalou que “sempre está moi concorrido este mercadiño, esperemos que este ano tamén. Queremos agradecerlles ás asociacións a súa participación,...
leer másA axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado, organiza unha excursión a Vigo, para ver o seu alumeado de Nadal, e a cidade portuguesa de Valença do Minho. Será o día 21 deste mes, sábado.
A actividade inclúe o desprazamento en autocar, almorzo en ruta, comida e seguro de viaxe. Os participantes primeiro visitarán Valença do Minho, onde verán as diferentes actividades de Nadal que hai nesa cidade portuguesa (pista de xeo, Duendelandia, …) e comerán. Pola tarde noite estarán en Vigo para percorrer as rúas onde están os principais adornos do seu famoso alumeado de Nadal. O prezo é de 45 euros por persoa.
Para a reserva de prazas nesta excursión hai que dirixirse á axencia de viaxes Augasantas, que está no baixo número 6 das galerías San Francisco-Reinante, de Ribadeo, ou...
leer másEste sábado, día 14 de decembro, celebrarase o I Mercado de Nadal de Sargadelos que terá lugar na sala de exposicións do Complexo Artístico Histórico.
Instalaranse un total de dez postos con artigos de artesanía, roupa, alimentación, cosmética natural e cadros, entre outros produtos. Ademais haberá actuacións musicais durante toda a xornada. A cita desenvolverase entre as 10:00 e as 20:00 horas.
Estarán presentes as firmas: Sopa de Nuez, La Chapera, Muchachica, Mónica Justo, Asociación A Mariña, Sereasurf, Enigma, A Morena, Xogando coas Nubes e Rocío.
O evento está organizado por Serea Surfboards, Enigma e A Morena coa colaboración do Concello de Cervo.
Manuel Eiras, presidente do Club Atletismo Ría de Foz, Gema Méndez Leivas, concelleira de Xuventude e Deportes, e Francisco Cajoto, alcalde de Foz presentaron a cuarta edición da Run Foz Nadal, que se celebrará o domingo, 22 de decembro.
Trátase dunha carreira para nenos/as e maiores con percorridos adaptados a todas as idades. As diferentes carreiras comezarán ás 16:30 horas coa categoría de pícaros e un circuíto de 150 metros, posteriormente serán os benxamíns con circuíto de 600m, 1000m para alevíns, 1500m para infantís e cadetes e, finalmente, 5000m para a competición absoluta.
A saída e chegada será na Praza Rosalía de Castro, no Campo da Cabana. A inscrición xa está aberta en: sportmaniacs.com
Acisa Ribadeo comezou a súa campaña de Nadal na que investirá 30.000 euros. O acendido da árbore da praciña de San Roque tivo lugar na tarde de onte. Conta con mais de 1.000 metros de luces leds de diversos colores, 10 metros de altura e 5 de diámetro ademais dun panel frontal cos logotipos dos establecementos asociados a modo de publicidade dos mais de 160 negocios pertencentes á patronal ribadense.
O presidente da Asociación de Comerciantes, Industriales, Servicios e Autónomos de Ribadeo, Francisco Iriarte, declarou que “queremos facer un Nadal especial, tanto para os nosos socios como para os clientes e visitantes. Temos a obriga de axudar aos nosos asociados a aproveitar ao máximo esta campaña, por iso nos envorcamos nela co maior presuposto da última década”.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, lembrou que “o...
leer más