Mondoñedo
20/02/2016
O Goberno local do Concello de Mondoñedo recorda a Álvaro Cunqueiro a vindeira fin de semana, polo queprogramou unha serie de actividades coas que ademais conmemora o pasamento do escritor, cuxo aniversario mortuorio de celebra o día 28 de febreiro.
O primeiro dos actos terá lugar o venres, día 26, ás 11:30 horas no Auditorio Pascual Veiga. Os alumnos e alumnas do IES San Rosendo e do CEIP Álvaro Cunqueiro farán unha representación baseada nas obras do escritor.
As actividades seguen o sábado, 27 de febreiro, cunha recepción oficial ás 11 da mañá no Concello de Mondoñedo na que participará a Corporación municipal, así como os seus homólogos de Ferrol, o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, o xornalista e escritor Ramón Loureiro, o vicepresidente da Deputación Antonio Veiga, o cronista oficial da cidade, Antonio...
leer más 28/01/2016
O Goberno local do Concello de Mondoñedo dá comezo este sábado 30 de xaneiro ao ciclo de teatrodedicado á figura da actriz Manuela Rei. Os últimos sábados de cada mes de 2016 haberá unha función artística, cuxa entrada será gratuíta,ás 20:30 horas no Auditorio Municipal Pascual Veiga.
A obra deste sábado 30 de xaneiro, ás 20:30 horas no Auditorio Pascual veiga, correrá a cargo da Compañía de Teatro "Os Axouxeres" de Vilaronte, que representarán a peza baixo o título de "As farturas do Servando" de Tito Casado.
“Con esta serie de actividades culturais o Concello pretende por en valor a figura desta mindoniense ilustre que apostou polo teatro, e promocionar así unha persoaxe mindoniense menos coñecida”, explicou o concelleiro de...
leer más 24/01/2016
O Goberno local do Concello de Mondoñedo repartirá preto de 5.000 euros en premios o día grande do Entroido, o próximo 13 de febreiro, aumentando así a contía con respecto aos anos anteriores. Entre as novidades na organización deste ano, a rexedora, a popular Elena Candia, subliña a actuación da Orquestra Claxxon, a elección da raíña do Entroido e o novo percorrido para as carrozas.
No xurado terán presenza representantes do asociacionismo local, ademais de ACIAMS doutros concellos.
Ao longo do día haberá animación pola rúa con comparsas que actuarán desde as doce do mediodía facendo un percorrido desde o Campo dos Paxariños polo casco histórico e cunha actuación a no Barrio dos Muíños. A ruta rematará de novo no Campo dos Paxariños...
leer más 18/01/2016
O Entroido de Mondoñedo celebrarase este ano o sábado 13 de febreiro. Organizado polo Concello(a través da Concellería de Xuventude que dirixe Alberto García), e a Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos da localidade (ACIAM), en colaboración con voluntarios; conta cun programa que presenta importantes novidades que “melloran o seu atractivo, co que se buscan dar un pulo a esta cita anual”.
O Entroido mindoniense de 2016 inclúe un incremento no número de diferentes categorías que poden participar no desfile e melloras no catálogo de premios, amais de contar con cartel musical.
En concreto, haberá novas categorías de participantes no...
leer más 17/01/2016
Mondoñedo homenaxeará este ano a figura de Victoriano López García, mindoniense que dedicou a meirande parte da súa vida ao mundo do cine, ocupando diferentes cargos vinculados coa cinematografía, ademais de destacar a súa labor docente e investigadora nesta área. O Goberno local está a elaborar unha proposta de actos aberta, que se celebrarán principalmente no mes agosto, coincidindoco mes de falecemento do cineasta.
Así, dende o Concello de Mondoñedo estúdase a proxección de películas durante o mes de agosto en diferentes localizacións da cidade, como son a Praza da Catedral, a do Concello, o Barrio dos Muíños ou a Alameda. Priorizarase o audiovisual galego e os temas de actualidade, ademais de filmes e audiovisuais vinculados...
leer más 10/01/2016
O Goberno local do Concello de Mondoñedo dedicará un ciclo de teatro neste ano 2016 á figura da actriz Manuela Rei. Os últimos sábados de mes haberá función ás 20:30 horas no Auditorio Municipal Pascual Veiga. A alcaldesa, a popular Elena Candia, sinala que no verán se intentará que a actividade teatral se desenvolva na rúa.
No marco deste recoñecemento, que se inscribe na programación de dinamización cultural do novo equipo de Goberno, o cronista oficial de Mondoñedo, Antonio Reigosa, presentará o 2 de abril unha revista oral dentro do proxecto Profalías na Casa da Xuventude. Esta iniciativa está coordinada por Antonio Reigosa desde a sección de Literatura oral da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG) e recollerá información sobre a figura da...
leer más 08/01/2016
O Goberno local de Mondoñedo prepara a conmemoración do 25 aniversario do ascenso a terceira división da Sociedade Deportiva Mindoniense. O día un de setembro de 1991 o equipo xogou o seu primeiro partido nesta categoría á que chegou en maio do mesmo ano.
A rexedora, a popular Elena Candia, remarca que tanto ela como o concelleiro de Deportes, Manuel Tapia, e todo o equipo de Goberno “queremos ter unha lembranza con todos os que fixeron posible este acontecemento histórico para a localidade”.
“Xogadores, directiva e afección fixeron posible un fito histórico deportivo para Mondoñedo, polo que queremos renderlle unha homenaxe polo seu traballo, esforzo e dedicación, así como polos éxitos acadados”, explica Tapia.
... leer más 04/01/2016
O Concello de Mondoñedo fai saber a tod@s @s nen@s da carta recibida por un emisario real das súas maxestades de Oriente, na que se informa que este ano os Reis Magos chegarán á cidade episcopal ás 17:00 horas e, como de costume, visitarán en primeiro lugar aos seus amig@s do Hospital de San Pablo e a continuación desprazaranse ata a Residencia de San Rafael, onde serán recibidos un ano máis, con moito entusiasmo.
O concelleiro de Educación e Mocidade, Alberto García, salientou que este ano a cabalgata incorpora varias novidades. A primeira delas é que se retrasa o inicio da mesma, “xa que ao ser un día laboral, consideramos máis axeitado o novo horario para que poidamos desfrutar todos da Cabalgata, á vez que...
leer más 23/12/2015
O Goberno local do Concello de Mondoñedo colabora coa ANPA do CEIP Álvaro Cunqueiro na organización dun campamento de Nadal para os nenos e nenas da localidade.
As actividades desenvolvense do 21 ao 31 de decembro en horario de 10:00 a 14:00 horas. O prezo do campamento é de 20 euros por inscrición.
O luns día 21 houbo actividades de animación, o martes 22, un taller de manualidades de Nadal, o mércores 23, de novo actividades de animación, o xoves 24, un taller de historia. A segunda semana, o luns haberá un taller de teatro, o martes 29, baile, o mércores 30, un taller de animación e o xoves 31, actividades deportivas.
Para anotarse hai que cubrir unha folla de inscrición e entregarlla á...
leer más 16/12/2015
Os alumnos da Escola de Música ‘O Pallarego’ ofrecerán un concerto solidario de Nadal o vindeiro venres 18 de decembro, baixo o título ‘Un Mundo no Nadal’. Será ás 20:30 horas no auditorio municipal Pascual Veiga.
O concelleiro de Educación, Mocidade e Novas Tecnoloxías, Alberto García Fernández, explica que se trata dun concerto dinámico, no que se compaxinará a música coa proxección de imaxes referentes ao país de orixe das pezas musicais. Interpretaranse panxoliñas de diferentes lugares do mundo que convivirán con música non navideña e participarán as diferentes agrupacións musicais da Escola, como son a banda, o grupo de percusión, o grupo de música e movemento, o coro e a orquestra.
Alberto García indica que o concerto terá...
leer más