Mondoñedo homenaxeará este ano a Victoriano López García, mestre de destacados directores como Berlanga, Borau, Bardem ou Saura.

Mondoñedo homenaxeará este ano a Victoriano López García, mestre de destacados directores como Berlanga, Borau, Bardem ou Saura.
 
Mondoñedo homenaxeará este ano a figura de Victoriano López García, mindoniense que dedicou a meirande parte da súa vida ao mundo do cine, ocupando diferentes cargos vinculados coa cinematografía, ademais de destacar a súa labor docente e investigadora nesta área. O Goberno local está a elaborar unha proposta de actos aberta, que se celebrarán principalmente no mes agosto, coincidindoco mes de falecemento do cineasta. 
 
Así, dende o Concello de Mondoñedo estúdase a proxección de películas durante o mes de agosto en diferentes localizacións da cidade, como son a Praza da Catedral, a do Concello, o Barrio dos Muíños ou a Alameda. Priorizarase o audiovisual galego e os temas de actualidade, ademais de filmes e audiovisuais vinculados con Mondoñedo, como son Flor de Santidad, Novo de Parmuide, Terra de Miranda ou Del Miño al Bidasoa. Tamén se prevé contar coa participación e coloquio dalgún dos participantes nas rodaxes. 
 
O programa de actos nos que se está a traballar dende o Goberno local, tamén inclúe a instalación artística na Casa da Xuventude, -único edificio que foi cine na localidade e que segue a ser de propiedade municipal- de elementos cinematográficos vinculados a Mondoñedo. Ademais,  prevese a celebración dun concerto con música de bandas sonoras e a animación polas rúas virá da man de grupos de teatro coa preparación de representacións teatrais itinerantes. De igual maneira, coincidindo coa data de pasamento de Victoriano López García tamén se celebraría unha conferencia sobre o mindoniense.
 
Mondoñedo, o espazo elixido para a primeira proxección cinematográfica lucense
En 1999 celebrouse en Mondoñedo o primeiro centenario da chegada do cinematógrafo á cidade. A localidade acolleu a primeiraproxección cinematográfica que se organizou na provincia de Lugo. Con este motivo rendéuselle a Victoriano López García unha “merecida” homenaxe na súa cidade natal, “a quen tanto fixera polo cine español”, incide a alcaldesa, a popular ElenaCandia.Con este motivo, colocouse unha placa de mármore na súa casa “que recorda en letras vermellas que D. Victoriano López García naceu en Mondoñedo o 23 de marzo de 1910”.
 
Sobre Victoriano López
Victoriano López García naceu en Mondoñedo o 23 de marzo de 1910. Dedicou toda a súa vida ao cine, polo que recibiu o Galardón de Honra na IV edición dos premios Goya. 
Victoriano López García ingresou na Subcomisión Reguladora da Cinematrografía en marzo de 1940 co cargo de Xefe de Sección de Materias Primas e Laboratorios. Tras a disolucióndesta subcomisión, pasou ao Servizo de Ordenación Económica da Cinematografía, sendo designado Subxefe do servizo e Xefe da sección de industria tal e como se publica no B.O.E. do 12 de xuño de 1952. Tempo máis tarde desempeñou o cargo de Xefe de créditos e Secretario técnico do Instituto Nacional de Cinematografía, así como Xefe de Mercados Cinematográficos e de Subvencións.
Ao inicio dos anos corenta do pasado século comeza a súa labor como docente nun curso de cine organizado pola Escola Especial de Enxeñeiros de Madrid e a finais desa década fundou e dirixiu o Instituto de Investigacións e Experiencias Cinematográficas (I.I.E.C.), que posteriormente se pasaría a chamar Escola Oficial de Cinematografía. Foi profesor de destacados directores como Luis García Berlanga, JoséLuisBorau, Juan Antonio Bardem e Carlos Saura, entre outros. 
 
Foi ademais responsable de fundar e dirixir a revista “Cine experimental”. “Técnica del cine sonoro, en color y relieve”, “Lecciones sobre cinematografía”, “La industria y la producción de películas”, “La industria cinematográfica española”, “Electroacústica”, “Acústica” ou “Chequeo al cine español” son algúns dos tratados que publicou o mindoniense.