O Goberno local do Concello de Mondoñedo recorda a Álvaro Cunqueiro a vindeira fin de semana, polo queprogramou unha serie de actividades coas que ademais conmemora o pasamento do escritor, cuxo aniversario mortuorio de celebra o día 28 de febreiro.
O primeiro dos actos terá lugar o venres, día 26, ás 11:30 horas no Auditorio Pascual Veiga. Os alumnos e alumnas do IES San Rosendo e do CEIP Álvaro Cunqueiro farán unha representación baseada nas obras do escritor.
As actividades seguen o sábado, 27 de febreiro, cunha recepción oficial ás 11 da mañá no Concello de Mondoñedo na que participará a Corporación municipal, así como os seus homólogos de Ferrol, o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, o xornalista e escritor Ramón Loureiro, o vicepresidente da Deputación Antonio Veiga, o cronista oficial da cidade, Antonio Reigosa, o fillo adoptivo Juan Puchades, o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, Félix Villares Mouteria, Armando Requeixo, AureaRamil, José María Felpeto, membros do CEIP Álvaro Cunqueiro, do IES San Rosendoe do IES de Foz, así como diversas asociacións culturais e sociais da localidade.
Ás 11:30 farase unha ofrenda floral ante a tumba do escritor. Ás 12:00 horas farase a entrega no Auditorio Pascual Veiga do premio Cunqueranus Emeritus ao poeta, crítico literario, tradutor e membro da RAE, PereGimferrer, unha persoa moi destacada nos estudos e divulgación da obra de Cunqueiro. PereGimferreras será o encargado de pronunciar a conferencia maxistral ás 12:30 horas. Ao remate, sobre as 13.30 horas proxectarase o documental Imprescindibles: El incierto Señor Cunqueiro dirixido por Antón Reixa e guionizado por Miguel Anxo Murado e emitido pola segunda canle de TVE en 2010.
Ás 17:00 horas terá lugar unha mesa de traballo na que participarán PereGimferreras e o cronista oficial de Mondoñedo, Antonio Reigosa.