Mondoñedo

18/03/2015
El Círculo Recreativo Casino de Mondoñedo organiza una charla sobre el primer Conde de Fontao y su relación con la provincia de Mondoñedo.
 
El Círculo Recreativo Casino de Mondoñedo organiza este sábado, 21 de marzo, a las ocho de la tarde una charla de Prudencio Viveiro Mogo, que llevará por título “Aristócrata revolucionario: o primeiro conde de Fontao. A súa relación coa provincia de Mondoñedo”.
Prudencio Viveiro Mogo (O Valadouro 1974) es licenciado en Geografía e Historia por la Universidad de Santiago de Compostela, grado de licenciado con la tesis de licenciatura “Os comezos da administración liberal na provincia de Lugo”, diploma de estudios avanzados en el programa de doctorado “Estudos Contemporáneos” de la USC. 
 
Etiquetas:
13/03/2015
O 18 de marzo haberá en Mondoñedo unha charla sobre a vespa velutina. Será no Centro Comarcal.

 

O Centro Comarcal de Mondoñedo acollerá o vindeiro día 18 de marzo, ás 20 horas, unha xornada sobre a vespa velutina. Nesta charla explicarase como comportarse ante a presenza da vespa, a súa vixiancia e control e tamén haberá unha demostración da elaboración de trampas. O acto esta organizado polo Sindicato Labrego Galego, Asociación Galega de Apicultura e o Concello de Mondoñedo.

01/03/2015
Mondoñedo acollerá o día 6 de marzo, venres, a denominada Xornada da Lembranza.
 
Mondoñedo acollerá o día 6 de marzo o amplo programa de actividades incluído na denominada Xornada da Lembranza, que organizan os seguintes colectivos: Plataforma Comarca de Mondoñedo Unida, Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Mondoñedo, Amigos de la Ciudad de Mondoñedo e Asociación Abrindo Camiño.
Os actos empezarán as 09:30 horas coa recepción dos participantes á carón da Alameda dos Remedios, que se trasladarán ata o salón de actos do IES San Rosendo. Alí ás 09:45 horas empezará un evento no que intervirán en primeiro lugar o alcalde mindoniense, Orlando González Cruz; o vicepresidente primeiro da Deputación Provincial de Lugo, Antonio Veiga; e o cronista oficial de Mondoñedo, Antonio Reigosa. Tamén participarán directivos dos centros educativos IES...
leer más
Etiquetas:
23/02/2015
Mondoñedo acollerá varios actos de homenaxe a Álvaro Cunqueiro este xoves, 26 de febreiro. Está organizados polo Concello.
 
O Concello de Mondoñedo organiza varios actos de homenaxe a Álvaro Cunqueiro, que terán lugar o vindeiro xoves, 26 de febreiro, a mediodía. 
Ás 12 da mañá terá lugar unha ofrenda floral. Ás 12:30 horas haberá unha lectura popular da obra cunqueiriana “Si o vello Simbad volvese ás illas”, no auditorio municipal Pascual Veiga. Segundo informan desde o Concello o inicio da mesma correrá a cargo do novo Cronista Oficial da Cidade, Antonio Reigosa Carreiras.  E para as 13 horas está programado un concerto a cargo de César Morán, tamén no auditorio municipal de Mondoñedo. 
 
Etiquetas:
17/02/2015
Cea de entroido o sábado de piñata no Círculo Recreativo Casino de Mondoñedo. As entradas xa están á venda.
 
Están á venda no Bar Central e no Rincón de Mondoñedo as tarxetas para asistir á cea baile do vindeiro sábado, 21 de febreiro, no Círculo Recreativo Casino de Mondoñedo. Os asistentes degustarán: sopa de cocido, cocido, orellas e roscas, os viños serán albariño e rioja e haberá tamén café e chupitos. O prezo por comensal é de 20 euros. 
Desde a organización informan que haberá dous premios en cada unha das seguintes categorías: grupos, parellas e individuais. A festa estará amenizada polo dúo Diamantes. 
 
Etiquetas:
12/02/2015
Mondoñedo celebra o Entroido o 21 de febreiro, con preto de 3.000 euros en premios. O desfile dará comezo ás cinco da tarde.
 
A cidade de Mondoñedo celebra o Entroido o sábado dia 21 de febreiro e repartirá perto de 3.000 euros en premios.
Haberá premios para comparsas e charangas, grupos de máis de 10, grupos de 3 a 10, parellas, individuais e tamén na categoría infantil.
O concurso de desfile de disfraces percorrerá as rúas da cidade de Mondoñedo, a partir das 5 da tarde, e ao finalizar haberá ambientación musical na Praza do Concello.
Para participar hai que inscribirse, o sábado dia 21, no Campo dos Paxariños dende as 16:00 horas ata ás 17:00 horas.
 
 
09/02/2015
En Mondoñedo será presentado este venres, 13 de febreiro, o libro Consejos de Guerra contra el Clero Vasco.
 
O Centro Comarcal de Mondoñedo acollerá o vindeiro venres, 13 de febreiro, ás 20:30 horas a presentación do libro Consejos de Guerra contra el Clero Vasco (1936-1944). La iglesia vasca vencida, do que é autor  Anxo Ferreiro Currás. 
No acto, no que se dará “outra visión pouco coñecida da posguerra” intervirán: Xulio Xiz, xornalista, produtor e animador cultural galego; Xosé Manuel Carballo, cura de varias parroquias de Castro de Rei e escritor; Rosa Cal Martínez, ex profesora de Ciencias da Información na Universidade Complutense de Madrid e investigadora; e o autor do libro, Anxo Ferreiro Currás.