Date Conta
A Biblioteca Municipal de Viveiro acolle a exposición ‘Date Conta’ para concienciar, sobre todo á poboación máis nova, sobre as actitudes relacionadas coa violencia machista, fundamentalmente no ámbito da parella.
Na inauguración da mostra, a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, quixo dar as grazas “a Isabel Rodríguez, subdelegada do Goberno en Lugo, por traer esta mostra a Viveiro”.
Ademais da alcaldesa e a subdelegada do Goberno, estiveron no acto a concelleira de Cultura e Muller, Lara Fernández Fernández-Noriega, representantes doutros grupos municipais e María Luisa Castro, xefa da Unidade contra a Violencia da Muller da Subdelegación do Goberno de Lugo.
“As estatísticas reflicten un perigoso incremento das condutas machistas entre as persoas más novas, que moitas veces rematan en...
leer más