Do 18 ao 20 de outubro celebrarase en Mondoñedo a primeira Mostra de Títeres

Mondoñedo acollerá a primeira Mostra de Títeres desde o venres 18 ata o domingo 20 de outubro.

O venres ás 18:30 horas na Praza do Concello representarase A Tómbola do Cromina, a cargo do grupo galego Mircromina Teatro de Títeres. En caso de choiva trasladarase á Casa da Xuventude.

O sábado ás 18:30 horas na Casa da Xuventude a compañía Titiritainas, de Ecuador, ofrecerá a obra Diente de leche.

E o domingo ás 13:30 horas na Praza do Concello o grupo Espada de Madera, de Ecuador, representará El tío Carachos. En caso de choiva será na Casa da Xuventude.

Esta mostra está organizada por O Fantástico Taller dos Títeres, de Mondoñedo.