O Concello de Mondoñedo organiza unha cea para o venres, 23 de marzo, dentro dos actos programados durante este mes con motivo da celebración do Mes das Mulleres arredor da data do Día Internacional da Muller, celebrado o pasado 8 deste mes.
A Cea das Mulleres terá lugar este venres ás 21:30 horas, no restaurante Padornelo. O menú está composto por arroz caldoso de marisco, tenreira asada con guarnición, postre, café, chupito e bebida. Haberá ademais baile e animación musical, e o prezo é de 22 euros.
As anotacións para asistir poden facerse ata o 21 de marzo nas oficinas de Servizos Sociais e do Centro de Información ás Mulleres.