
O Concello de Mondoñedo anuncia que “vén de presentarse a edición deste ano da concentración de motos de Mondoñedo N-634, La invernal de Galicia, que terá lugar na cidade episcopal durante os días 22 e 23 de marzo, para a que xa está aberta a inscrición para participar nela".
Presentaron o evento o presidente da asociación Motoclub N-634, Miguel Arias, acompañado do alcalde de Mondoñedo, Manuel Otero, do concelleiro de Cultura, Alberto García, e da concelleira de Turismo, Patricia Otero.
Dende a organización e o Concello convidan a moteiros e moteiras a participar neste evento, que abre as concentracións de motos en Galicia, e dinlles que “veñan coñecer Mondoñedo, que van a gozar da experiencia”.