A Mariña
Este sábado, día 29, chega a Covas a campaña da Federación de Comercio A Mariña que está a repartir máis de 10.000 euros en premios nos oitos sorteos que se desenvolven ata o 10 de novembro. En cada localidade participante póñense en xogo 1.500 euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados a cada Asociación de Comerciantes participante.
Pasado mañá terá lugar o segundo sorteo desta campaña. Será en Covas a partires das 20:30 horas no Parquemar. No mes de outubro as cistas serán en Burela, o día 6; en Ribadeo, o día 13; en Foz, o día 20; e en Lourenzá o 27 de outubro. Os sorteos seguirán en Xove o 3 de novembro e rematará o 10 de novembro en O Vicedo.
As persoas interesadas en participar nesta importante campaña da FCAM deben gardar os tíckets de compra nos establecementos asociados e...
leer másEste sábado, día 22, arrinca en Viveiro a campaña da Federación de Comercio A Mariña que repartirá máis de 10.000 euros en premios nos oitos sorteos que se desenvolverán ata o 10 de novembro. En cada localidade participante poranse en xogo 1.500 euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados a cada Asociación de Comerciantes participante.
A FCAM realizará un total de oito sorteos. Serán en Viveiro, Covas, Burela, Ribadeo, Foz, Lourenzá, Xove e O Vicedo.
Esta campaña para potenciar as compras no comercio tradicional destas vilas dará comezo na cidade do Landro. O primeiro sorteo será este sábado, 22 de setembro, a partir das 20:30 horas na praza Maior vivairense. O seguinte terá lugar en Covas o 29 de setembro. No mes de outubro serán en Burela, o día 6; en Ribadeo, o día 13; en Foz, o día 20...
leer másAta o próximo 3 de outubro o alumnado de 3º e 4º da ESO e de 1º Bacharelato dos concellos que abranxe o GALP A Mariña-Ortegal (Valdoviño, Cedeira, Cariño, Ortigueira, Mañón, O Vicedo, Viveiro, Xove, Cervo, Burela, Foz, Barreiros e Ribadeo) pode presentar proxectos audiovisuais enfocados á realización dunha curtametraxe.
Trátase do programa pedagóxico Vidas Mariñeiras, convocado polo Grupo de Acción Local Pesqueira A Mariña-Ortegal no marco das actividades que organiza a través do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) co obxectivo de dinamizar e poñer en valor o litoral da súa área.
Vidas Mariñeiras contempla a selección, titorización e desenvolvemento de proxectos cinematográficos a cargo de profesionais do audiovisual nun programa formativo dunhas 50 horas, repartidas en varias sesións ao longo dos meses de...
leer másA Federación de Comercio A Mariña sorteará máis de 10.000 euros en premios na campaña de promoción do comercio local, que levará a cabo do 16 de setembro ao 3 de novembro.
A FCAM realizará un total de sete sorteos. Serán en Viveiro, Covas, Burela, Ribadeo, Foz, Lourenzá e Xove. Esta campaña para potenciar as compras no comercio tradicional destas vilas dará comezo na cidade do Landro. Este primeiro sorteo será o 22 de setembro.
O seguinte terá lugar en Covas o 29 de setembro. No mes de outubro serán en Burela, o día 6; en Ribadeo, o día 13; en Foz, o día 20; e en Lourenzá o 27 de outubro. A campaña rematará en Xove o 3 de novembro.
As persoas interesadas en participar deberán gardar os tíckets de compra nos establecementos asociados e entrarán nos sorteos de 1.500 euros en vales de...
leer másA directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, acompañada do delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, presidiu unha reunión de traballo cos alcaldes e representantes municipais dos concellos polos que discorrerá a “La Vuelta Ciclista a España”
A décimo segunda etapa desta prestixiosa cita deportiva chegará á nosa comarca o vindeiro xoves, 6 de setembro, con punto de partida en Mondoñedo e final no faro de Estaca de Bares. Antes percorrerá os termos municipais de Mondoñedo, Lourenzá, Trabada, Ribadeo, Barreiros, Foz, Burela, Cervo (San Cibrao), Xove, Viveiro, e xa na provincia da Coruña os municipios de Ortigueira e Ortigueira. En total 179 Km
Desde a administración autonómica aproveitaron para convidar ao conxunto da veciñanza a arroupar aos deportistas participantes nesta volta ciclista ao...
leer másA Mariña acollerá do 10 ao 19 de maio a celebración da Raid Gallaecia 2019, un evento deportivo multidisciplinar no que haberá participantes de todos os continentes. O presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña, Alfredo Llano, subliña a promoción que suporá para a comarca en todo o mundo. Este foi un dos asuntos abordados no pleno da Mancomunidade, celebrado onte, xunto coa presentación da nova páxina web deste ente, que terá lugar o vindeiro xoves, 30 de agosto, ás 12:30 horas no salón de plenos do Concello de Burela.
O presidente da Mancomunidade subliñou que “aprobamos un evento deportivo que se chama Raid Gallaecia 2019. Vai ser no mes de maio, entre o 10 e o 19 de maio do 2019, vaise celebrar integramente na Mariña e vai estar presente nos dezaseis concellos que constituímos a Mancomunidade. É un evento deportivo...
leer másEl programa especializado en turismo de Onda Cero Radio Gente Viajera, que dirige y presenta Esther Eiros, se realizará en directo desde A Mariña Virtual, en el CENIMA de Foz, este domingo, día 24, de 12 a 14 horas. La emisión del programa es abierta al público.
El espacio estará dedicado fundamentalmente a promocionar los atractivos turísticos de la zona norte de provincia de Lugo y entre los invitados que serán entrevistados por Esther Eiros y su equipo de colaboradores estarán el alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira; el presidente de la Mancomunidad de Municipios de A Mariña, Alfredo Llano; y el presidente de la Federación de Comercio A Mariña (FCAM), José Carlos Paleo.
Este programa se realizará desde de Foz con motivo de la reciente apertura en el CENIMA de A Mariña Virtual, el centro interactivo para la...
leer másO Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, xunto ao Alcalde de Burela, Alfredo Llano García; o Concelleiro de Deportes de Viveiro, Emilio Villarmea Méndez; o Concelleiro de Deportes de Cervo, José Ramón Soto, e o Presidente da Fundación INDECUM,Marcelino Luna Almarza, presentaron no Pazo de San Marcos o VII Memorial Heroes do Orzanno que participarán máis de 100 equipos, formados por 1.200 nenas e nenos, durante dúas fines de semana do mes de xuño.No acto tamén participaron familiares de Rodrigo Maseda Lozano, Javier López López e José Antonio Villamor, os tres policías aos que rende homenaxe este torneo.
A competición desenvolverase entre os días 14 e 17 de xuño na Coruña, coa participación de 30 equipos da zona, e entre o 27 e o 1 de xullo na Mariña Lucense. Nesta segunda fase, reuniranse máis de 70 equipos das categorías prebenxamín,...
leer másA IV Volta Ciclista ás Comarcas de Lugo, Desafío Volta Lugo 2018, comezará mañá, venres, coa participación de 200 corredores chegados de todo o territorio nacional e do norte de Portugal, que percorrerán 12 concellos da provincia de Lugo ao longo da fin de semana. O Goberno da Deputación é o principal patrocinador deste evento deportivo, organizado polo Club Cidade de Lugo, cunha achega de 65.000 euros, sendo xunto cos Concellos da Fonsagrada, A Pontenova e Lugo, as únicas administracións que colaboran.
Trátase daúnica volta cicloturista por etapas desenvolvida en Galicia e unha das poucas de toda a Península Ibérica.A cita desenvolverase durante a fin de semana en tres etapas, que pasarán por doce municipios da provincia: Lugo, Castro de Rei, A Pastoriza, Riotorto, Lourenzá, A Pontenova, Meira, Ribeira de Piquín, A Fonsagrada, O Cádavo,...
leer másPara conmemorar o Día das Letras Galegas 2018 a cadea hostaleira Galipizza lanza un concurso no que premiará as 3 mellores frases recibidas a través das redes sociais. Galipizza pide que se lle dedique unha frase ben galega e se lle faiga chegar vía Facebook, Twitter ou Instagram ata o domingo 20 de maio.
Coas 3 frases que máis lles gusten decorarán unha parede do seu local na Praza de Galicia da Coruña ó que chamarán “Muro das Letras Galegas”. Ademais de aparecer mencionados xunto coas súas frases seleccionadas, os elexidos recibirán outros premios moi atractivos.
O primeiro premio consiste en 2 noites de aloxamento e almorzo para 2 persoas en "Casa do Batán", un dos hoteis con encanto máis valorados de España, situado en Chavín (Viveiro). Ademáis o premiado terá 1 comida gratis para 2 persoas en "As Tixolas...
leer más