Catro mil persoas visitarán a Mariña Lucense co VII Memorial Héroes do Orzán, que patrocina a Deputación de Lugo. A cita será do 27 de xuño ao 1 de xullo.

O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, xunto ao Alcalde de Burela, Alfredo Llano García; o Concelleiro de Deportes de Viveiro, Emilio Villarmea Méndez; o Concelleiro de Deportes de Cervo, José Ramón Soto, e o Presidente da Fundación INDECUM,Marcelino Luna Almarza, presentaron no Pazo de San Marcos o VII Memorial Heroes do Orzanno que participarán máis de 100 equipos, formados por 1.200 nenas e nenos, durante dúas fines de semana do mes de xuño.No acto tamén participaron familiares de Rodrigo Maseda Lozano, Javier López López e José Antonio Villamor, os tres policías aos que rende homenaxe este torneo.

A competición desenvolverase entre os días 14 e 17 de xuño na Coruña, coa participación de 30 equipos da zona, e entre o 27 e o 1 de xullo na Mariña Lucense. Nesta segunda fase, reuniranse máis de 70 equipos das categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil, coa presenza de equipos dascatro provincias galegas, e tamén de Asturias, Madrid, e Castela e León.

O Goberno da Deputación é o principal patrocinador deste evento deportivo cunha achega de 10.000 euros, co obxectivo de fomentar o deporte base e dinamizar a economía da provincia, posto que o evento reunirá a máis de 4.000 persoas, entre participantes, familiares e espectadores. Taméncolaboran a Deputación da Coruña, así como os Concellos de Foz, Burela, Cervo, Xove, e Viveiro, sedes do torneo.

Rivera Capón destacou que “oMemorial Heroes do Orzán ten unha gran relevancia para a Mariña Lucense, posto que durante 3 días recibirá a máis de 4.000 visitantes que coñecerán a comarca e gozarán do deporte. Trátase dun evento que é referencia para o deporte base lucense, galego e mesmo estatal, reunindo equipos de varias comunidades.Por estes motivos, dende a Deputación de Lugo, colaboramos decididamente con este evento, para fomentar o deporte entre os máis cativos, pero tamén para dinamizar a economía da provincia”.

O Deputado de Deportes apuntou que “apasada edición, a máis exitosa non só en cifras, senón tamén en calidade futbolística na traxectoria do Memorial Heroes do Orzán, reuniu na Mariña a máis de 700 deportistas coas súas familias. Deles un total de 500 aloxáronse en hoteis da comarca entre o 28 de xuño e o 2 de xullo cun retorno económico de 500.000 euros, o que supuxo incremento do 45,3% con respecto a 2016, e agardamos que este ano as cifras sigan en aumento”.

Homenaxe
O VII Memorial Heroes do Orzánademais dun importante evento deportivo é tamén un sentido homenaxe a Rodrigo Maseda Lozano, Javier López López e José Antonio Villamor, os tres policías falecidos en acto de servizo no ano 2012 nas augas do Orzán mentres intentaban efectuar un rescate. Durante o acto de presentación, o artista Juan Carlos Martínez “Charly” fíxolle entrega dun retrato á familia de José Antonio Villamor.

A competición terá lugar a primeira fin de semana nos pavillóns de Novo Mesoiro e do Ventorrillo, no Concello da Coruña, mentres quena segunda fin de semana trasladarasea cinco Concellos da Mariña: Foz, no pavillón Marzán; Burela, nos pavillóns de Monte Castelo e Vistalegre; San Cibrao, no pavillón de A Veiga; Xove, Pavillón Municipal; e Viveiro, Pavillón Municipal.

INDECUM
A fundación IMDECUM (Impulso ao deporte, Cultura e Turismo na Mariña) creouse no 2010 para impulsar, promover e coordinar a actividade deportiva, cultural, educativa e turística da Mariña fomentando a igualdade, a tolerancia, a solidaridade, a cooperación e a integración na infancia, xuventude, terceira idade, mulleres e colectivos en risco de exclusión.