A Mariña
O Deputado de Turismo en funcións, Eduardo Vidal Baamonde, participou este luns, na Casa Habanera de Guitiriz, na presentación das XII Xornadas do PeregrinoAbrindo Camiño nas comarcas de A Mariña e a Terra Chá. No marco desta iniciativa, impulsada pola Asociación de Amigos do Camiño do Norte Abrindo Camiño e na que colaboran a Deputación e os concellos de Lourenzá, Mondoñedo, Foz, Barreiros e Guitiriz, realizaranse catro andainas no mes de xuño para impulsar o Camiño do Norte ao seu paso pola provincia de Lugo.
As tres primeiras rutas serán os días 16, 23 e 29 de xuño e discorrerán pola variante marítima do Camiño do Norte, polos municipios de Ribadeo, Barreiros, Foz, Lourenzá e Mondoñedo. A cuarta andaina será o 30 de xuño polo Camiño do Norte ao seu paso polas localidades de Baamonde,en Begonte, e Parga, en Guitiriz.
... leer másDurante todo o mes de xuño chegará ás veciñas e aos veciños da comarca a nova campaña de concienciación da FCAM Compra na Mariña, desvirtualízate co obxectivo de potenciar as compras no comercio local. Preséntase en varios formatos: con chapas/pins, que lucirán os empregados dos establecementos asociados; con servilletas, que estarán presentes nos locais hostaleiros; con vallas publicitarias e con anuncios en radio, en prensa, no cine, na televisión e nas redes sociais para tentar chegar ao maior número de persoas posible. Un dos principais destinatarios da campaña é a xente nova, que é a que máis compra a través de internet.
Compra na Mariña, desvirtualízate é unha campaña pensada en positivo, na alegría que supón saír de compras no comercio local e no orgullo que debemos sentir por sermos mariñáns. Os cinco sentidos son protagonistas...
leer másA Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense pon en marcha dous cursos de formación gratuíta dirixida a axentes turísticos do territorio, en activo ou desempregados vinculados ao sector. Esta formación que se desenvolve grazas ao Convenio firmado pola Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense e a Xunta de Galicia, a través da Axencia de Turismo de Galicia, faise en colaboración co IES de Foz. Serán os docentes de Hostelería e do departamento de inglés deste centro os encargados de transmitir o coñecemento e experiencia aos asistentes.
Dende a Área de Turismo da Mancomunidade da Mariña Lucense considérase que a formación é un factor determinante na actividade do sector turístico para adaptarse a todos os cambios que se veñen producindo na sociedade en xeral e no turismo en particular. Con esta iniciativa preténdese dar unha resposta...
leer másMariña Patrimonio organiza para o vindeiro 25 de maio un percorrido polo patrimonio civil e relixioso máis salientable do concello de Mañón. Aínda que dos detalles das visitas se informará máis polo miúdo, adiántase que serán guiadas e que se visitará Bares, O Barqueiro, as Ribeiras do Sor e as Grañas do Sor.
Por outro lado, se o número de persoas interesadas en participar na visita o permite, os desprazamentos faranse en bus, que partiría de Foz e faría as paradas intermedias necesarias ata Bares. Neste lugar dará comezo a xornada, que se desenvolverá dende as 10h00 ata as 19h00, cunha pausa para o xantar de 14h00 a 16h00.
O prezo da actividade é de 2€ para as/os socias/os e 12€ para as persoas que non o sexan; o bus serían 10€ e o xantar 15€. Para poder organizar axeitadamente esta saída, cómpre anotarse...
leer másVuelve un verano más el Memorial Heroes do Orzán de la Fundación Imdecum, con la octava edición y regresando a sus orígenes, con sede únida en A Mariña.
El Torneo de Fútbol Sala Base en recuerdo de los policías Rodrigo Maseda Lozano, Javier López López y José Antonio Villamor Vázquez arrancará en la comarca el 26 de junio, hasta el domingo 30. Burela, Foz, San Cibrao, Xove y Viveiro volverán a ser testigos del mejor futsal de pequeñas promesas del panorama nacional, en las categorías prebenjamín, benjamín, alevín, infantil, cadete y juvenil.
Inscripción abierta. Los equipos interesados podrán reservar su plaza hasta el martes 4 de junio. Toda la información en contacto@imdecum.com // 982 888 610 // 670321857
Este martes, 23 de abril, deron comezo as actuacións de “A Maxia dos Valores” un programa educativo innovador dirixido ao alumnado de infantil e primaria co que o Goberno da Deputación leva a colexios de toda a provincia un espectáculo de maxia capaz de transmitir valores como a responsabilidade, a gratitude ou o respecto, así o explicou a Deputada de Cultura, Pilar García Porto. Esta primeira actuación tivo lugar no salón de actos do CEIP San Miguel de Paradela ante medio cento de nenos.
A Deputada destacou que “grazas as capacidades únicas da maxia, como son a capacidade de sorprender e emocionar, este espectáculo convertese nunha ferramenta educativa de gran calado entre os máis pequenos. Xa tenos confirmados máis de 450 nenos que desfrutarán deste espectáculo singular ao tempo que aprenden”.
A programación do...
leer másA Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense presentou na Casa Museo de Álvaro Cunqueiro, en Mondoñedo, as audioguías ficcionadas da Mariña en catro idiomas: galego, castelán, inglés e francés e o material que se elaborou para a promoción deste produto conxunto. Este proxecto levado a cabo pola Mancomunidade e o Grupo Chévere (Premio Nacional de Teatro 2014) conta co apoio da Deputación de Lugo e da Xunta de Galicia para a promoción turística do xeodestino.
No acto participaron o presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña, Alfredo Llano; a alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia; a concelleira de Turismo de Ribadeo, Ana Martínez; o tenente de alcalde de Viveiro, Jesús Fernández; o responsable da Área de Turismo na Deputación de Lugo, Eduardo Vidal; o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro; e a xerente de...
leer másO Presidente, Darío Campos Conde, e o Presidente da Asociación Provincial de Hostaleiros de Lugo, Cheché Real, informaron sobre a posta en marcha dunha nova campaña de promoción e exaltación dos produtos da provincia baixo o nome E para comer...Lugo. Fixérono nun acto acompañados de representantes de distintos locais de restauración que se sumaron a esta iniciativa, no que se degustaron algúns dos pratos que se poderán desfrutar durante estas xornadas. Máis información en www.deputacionlugo.gal e www.eparacomerlugo.com
Trátase dunha iniciativacoa que 51 establecementos hostaleiros de 23 municipios lucenses introducirán nas súas cartas produtos e materias primas da provincia con denominación de orixe protexida (D.O.P) ou indicación xeográfica protexida (...
leer másA Federación de Comercio A Mariña acordou na xuntanza celebrada nas últimas horas realizar unha campaña para promocionar e darlle visibilidade ao comercio local durante o vindeiro mes de xuño. Segundo explica o presidente da FCAM, José Carlos Paleo, “esa campaña, que presentaremos nos últimos días do mes de maio, estará nas redes sociais, na prensa, na radio, no cine e tamén na televisión. Imos facela coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación Provincial de Lugo”.
A FCAM tamén agradeceu e valora de xeito positivo a colaboración do xornalista Pedro Madera na reportaxe realizada para a revista Marca Motor, publicada este mes de abril, “e na que achegou a nosa comarca a máis de 100.000 persoas. Madera fixo un percorrido entre Ribadeo e O Vicedo no que propón a visita a diferentes lugares de interese da Mariña como a Basílica de San...
leer más