Violencias
O Concello de Barreiros, nunha clara aposta polo desenvolvemento dunha programación cultural integradora, transversal e interxeracional, ven de presentar as actividades que se levarán a cabo no mes de novembro.
Co nome xenérico de “Barreiros feminino plural”, as áreas de igualdade e dinamización tentarán achegar diversas actividades dirixidas tanto ás crianzas como ás persoas adultas, co obxectivo de visibilizar e desbotar da nosa sociedade todo tipo de violencias, nomeadamente a violencia machista.A concelleira de igualdade, Montse Porteiro reflectiu a necesidade de “comezar desde as idades máis temperás a inculcar condutas baseadas na tolerancia, na diversidade e no respecto a todas as persoas, desbotando da sociedade estereotipos patriarcais que impiden avanzar na igualdade real entre homes e mulleres.
A...
leer másRibadeo celebrará o 25 de novembro o Día Internacional contra a Violencia cara ás Mulleres cunha andaina que partirá ás 11 da mañá do aparcadoiro municipal, percorrerá varias rúas e lugares emblemáticos da vila e rematará no Cargadoiro, onde terá lugar a lectura dun manifesto e onde esta tarde se presentou a campaña Camiña Segura, Ribadeo En Negro. Ao acto asistiron a concelleira de Igualdade, Mariluz Álvarez Lastra, que estivo acompañado por representantes dos centros de ensino de Ribadeo e da Mesa Interinstitucional de Violencia de Xénero.
Álvarez Lastra dixo que “iniciábamos no mes de xullo o proxecto municipal Ribadeo. Camiño seguro! coa finalidade de potenciar a vila como punto referente do Camiño do Norte na súa dirección a Santiago de Compostela, con especial fincapé en ofrecer un entorno seguro para as mulleres que viaxan soas....
leer másO Concello de Lourenzá súmase, por terceiro ano consecutivo, á campaña En negro contra as violencias con actividades que se desenvolverán este domingo, día 24, no pavillón polideportivo municipal a partir das 17:00 horas. Os actos foron presentados pola alcaldesa, Rocío López; a concelleira de Servizos Sociais, Mercedes Dengra; a concelleira de Deportes, Sonia Gavino; e a adestradora da sección de patinaxe das Escolas Deportivas Lourenzá, Tania Irimia.
O Concello de Lourenzá fai un chamamento a todo o comercio e locais de hostalería para que colaboren coa campaña e vistan de negro os seus locais, descargando o material necesario na web https://ennegrocontraasviolencias.gal.
Os actos programados para este ano celebraranse este domingo, 24 de novembro, no pavillón...
leer más